Inmunoglobulina M: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Estrutura e función: Arranxos varios, replaced: |coauthors= → |autor2= using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 6:
A IgM forma [[polímeros]] constituídos por varias [[inmunoglobulina]]s unidas [[covalente]]mente por [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]], principalmente formando un pentámero pero algunhas veces un hexámero. A IgM ten unha [[masa molecular]] de aprocimadamente 970 [[Dalton (unidade)|kDa]] na súa forma pentámera. Como cada [[monómero]] ten dous sitios de unión ao antíxeno, unha IgM pentámera ten dez. Porén, normalmente a IgM non pode unir antíxenos aos seus dez sitios de unión á vez porque o gran tamaño de moitos antíxenos dificulta a unión a sitios que estean próximos.
 
Nas IgM pentámeras encóntrase unha cadea proteica chamada [[cadea J]] (''joining chain''), pero non nas formas hexámeras, quizais debido ás constricións de espazo no complexo hexamérico. A cadea J é unha glicoproteína cun 12% de azucres e unha masa molecular de 15 kDa, que se une por pontes disulfuro á zona dos extremos Fc das inmunoglobulinas<ref name="Inmu">J. P. Martínez. Inmunología. Piramide. 1994. Páxinas 108, 122. ISBN 84-368-0828-2.</ref>. A IgM pentamérica pode tamén formarse en ausencia da cadea J. Actualmente, non está aínda claro que fracción dos pentámeros normais contén a cadea J, e se os pentámeros conteñen unha ou máis cadeas J.
<ref>Erik J. Wiersma, Cathy Collins, Shafie Fazel, and Marc J. Shulman. Structural and Functional Analysis of J Chain-Deficient IgM. J. Immunol., Jun 1998; 160: 5979 - 5989.</ref>
 
Como a IgM é unha molécula grande, non pode difundir ben, e encóntrase só en pequenas cantidades no [[fluído intersticial]] dos tecidos. A IgM atópase principalmente no [[plasma sanguíneo]]. Pode segregarse tamén a través das mucosas e atravesa as células epiteliais da mucosa dentro de vesículas e para a [[secreción]] debe ter a cadea J.<ref>P. Brandtzaeg. Transport models for secretory IgA and secretory IgM. Clin. exp. Immunol. (1981) 44, 221-232. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1537350/pdf/clinexpimmunol00182-0003.pdf]</ref>
 
Debido á súa natureza polimérica, a IgM posúe unha grande avidez polo antíxeno, e é particularmente efectiva na activación do [[sistema do complemento]]. Por si mesma a IgM é unha [[opsonina]] inefectivaineficaz, pero contribúe de xeito importante á opsonización ao causar que o [[C3b]] se una ao antíxeno e se active o complemento.<ref>{{Cita publicación periódica|last=Wellek|first=B.|autor2=Hahn, H., Opferkuch, W.|title=Opsonizing activities of IgG, IgM antibodies and the C3b inactivator-cleaved third component of complement in macrophage phagocytosis|journal=Agents and Actions|date=1 February 1976|volume=6|issue=1–3|pages=260–262|doi=10.1007/BF01972219|url=http://www.springerlink.com/content/q1375338k875040g/|accessdate=24 March 2011|pmid=941799}}</ref>
 
As propiedades da IgM poden resumirse así: é o primeiro anticorpo que se forma en resposta a un estímulo antixénico, é a Ig máis abundante unida a membranas no linfocito B, ten propiedades neutralizantes, precipitantes, e aglutinantes, fixa o complemento e non atravesa a placenta.<ref name=Inmu/> As iGM hexámeras activan moito máis o complemento ca as pentámeras.<ref>[http://books.google.es/books?id=x0gpapT-Y2kC&pg=PA148&lpg=PA148&dq=IgM+membrane+mucosa+J+chain&source=bl&ots=XLbjO-K13c&sig=eb-Gn0SaVzOY_3dGW9-JCtZjlR8&hl=es&sa=X&ei=0jgdUbrjDc62hAequoDgBw&ved=0CDUQ6AEwAA#v=onepage&q=IgM%20membrane%20mucosa%20J%20chain&f=false William E. Paul. Fundamental Immunology. Google books]</ref>
Liña 25:
Os anticorpos IgM aparecen cedo no curso dunha infección e xeralmente reaparecen, aínda que en menor proporción, despois dunha posterior exposición. Os anticorpos IgM non pasan a barreira placentaria (só o fai o [[isotipo (inmunoloxía)|isotipo]] [[IgG]]).
 
Estas dúas propiedades biolóxicas da IgM fan que sexa útil no diagnóstico de enfermidades infecciosas. A demostración da presenza de anticorpos IgM no soro dun paciente indica unha recente infección, ou no soro dos recénrecentemente nados indica unha infección intrauterina (por exemplo, [[roséola conxénita]]).
 
O desenvolvemento de IgM antidoante despois dun [[transplante de órganos]] non está asociado co rexeitameno do enxerto senón que pode ter efecto protector.<ref>{{Cita publicación periódica|title=Protective anti-donor IgM production after crossmatch positive liver-kidney transplantation.|journal=Liver Transpl|date=February 2004|volume=10|issue=2|pages=315–319|url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/lt.20062/pdf|accessdate=24 March 2011|pmid=1476287}}</ref>