Juan Rico González: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Capitán de Gardas de Asalto, mandaba a 31ª Compañía de Pontevedra. O [[16 de xullo]] de [[1936]] propuxo ao gobernador civil [[Gonzalo Acosta Pan]] a detención dos xefes militares e dos elementos civís que conspiraban con eles. O gobernador no fixo caso das súas advertencias e enviouno o 17 a Vigo, onde o Capitán tiña desprazada unha sección das súas forzas. Rico regresou a Pontevedra o 18 e púxose en contacto coa Fronte Popular. Convocouse unha reunión das mocidades Socialistas Unificadas e dos partidos de esquerda. Rico arengounos e proporcionoulles as armas da garda municipal e as sobrantes do cuartel de Asalto. Desautorizado polo Gobernador, o Capitán interveu as comunicacións telefónicas.
 
Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi detido e xulgado en [[consello de guerra]] sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*[[Xosé Álvarez Castro]] (2013). ''Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)''. Xerais.
*{{Cita libro |url=https://web.archive.org/web/20040127092722/http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/la-escuadra-la-mandan-los-cabos.pdf |título= La Escuadra la mandan los cabos|nome= Manuel|apelidos= Domínguez Benavides|ligazónautor= Manuel Domínguez Benavides|coautores= |ano= 1944|editor= |localización= |isbn= }}
 
===Ligazóns externas===
*[[Xosé Álvarez Castro]]: [http://anosdomedo.blogspot.com.es/2008/06/o-20-de-xullo-de-1936-en-pontevedra-o_22.html O 20 de xullo de 1936 en Pontevedra: o golpe (2)]
*[http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/74/ Ficha en nomes e voces]