Rogelio Caridad Pita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Cemiterio de Santo Amaro - Caridad Pita.jpg|miniatura|Tumba de Rogelio Caridad Pita no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].]]
'''Rogelio Caridad Pita''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1874]] ou [[1875]] e finado en [[Ferrol]] o [[9 de novembro]] de [[1936]], foi un militar [[Galiza|galego]], fusilado polos franquistas ao pouco de comezar a [[Guerra Civil española|Guerra Civil]] pola súa oposición á [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] na Coruña.
 
== Biografía ==
Ingresou no exército aos 17 anos. De tendencias republicanas, foi considerado habitualmente tamén [[masonería|masón]], aínda que existen autores que o desmenten<ref>[http://www.belt.es/bibliografia/HOME2_articulo.asp?id=535 Reseña do libro ''El ejército y la Masonería''], na que o seu autor, Manuel de Paz Sánchez, afirma que Caridad Pita, do mesmo xeito que outros militares habitualmente considerados masóns, carece de expediente ó efecto no [[Archivo General de la Guerra Civil Española]] de Salamanca.</ref>. En [[1931]], ao proclamarse a [[Segunda República Española|República]], o Gobernador militar da Coruña ordenou ao entón coronel Caridad Pita, sacar as tropas á rúa. En troques, o coronel saíu só e en coche descuberto, a modo de acatamento da vontade popular. Tras ser sufocada a revolución de [[1934]] en [[Asturias]], foi enviado a [[Xixón]], caracterizándose por unha posición conciliadora.
 
En xullo de [[1936]], Caridad Pita estaba destinado na [[A Coruña|Coruña]], como gobernador militar e xefe da 15ª Brigada de Infantería, ás ordes do xeneral [[Enrique Salcedo]], xefe da VII División Orgánica, que fora nomeado polo goberno radical-cedista o [[7 de febreiro]], antes das eleccións.
[[Ficheiro:Cemiterio de Santo Amaro - Caridad Pita.jpg|miniatura|Tumba de Rogelio Caridad Pita no [[cemiterio de Santo Amaro da Coruña]].]]
 
Na tarde do venres 17 chegaron a Galicia noticias da [[sublevación do 18 de xullo de 1936|sublevación]] en [[Marrocos]]. Durante a fin de semana, houbo unha tensa espera. As autoridades militares da Coruña (o xeneral Salcedo, conservador pero leal á legalidade, e o xeneral Caridad Pita) aseguráronlle ao gobernador civil, [[Francisco Pérez Carballo]], a súa lealdade á República, malia que o primeiro recibira na noite do 18 de xullo un telegrama de [[Gonzalo Queipo de Llano]] cominándolle a que se unise á sublevación e logo unha chamada telefónica, o día 19, do xeneral [[Emilio Mola]]. Con todo, durante a mañá do luns 20, oficiais sublevados detiveron aos xenerais Salcedo e Caridad Pita (cando este pretendía abortar a sublevación do Rexemento de Infantería de Zamora número 54, presentándose no seu cuarto de bandeiras, foi detido polo coronel Martín Alonso, ao mando do rexemento, o cal participara xa na ''[[sanjurjada]]'' de [[1932]] e fora reposto no mando durante o bienio radical-cedista).
 
Liña 12 ⟶ 11:
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
<references/>
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*José Gonzalo Sancho Flórez (1997). [https://books.google.es/books?id=sbuPrPS-owEC&lpg=PA91&dq=%22Rogelio%20Caridad%20Pita%22&hl=es&pg=PA91#v=onepage&q=%22Rogelio%20Caridad%20Pita%22&f=false ''La Segunda República Española''] [[Ediciones Akal]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://vitimas.nomesevoces.net/en/ficha/4495/ Nomes e Voces]
* [http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2093&pIdSeccion=2&pIdNoticia=62897 Setenta años de la tragedia de 1936], ''[[La Opinión de A Coruña]]''.{{Ligazón morta}}
* [https://web.archive.org/web/20040127092722/http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/la-escuadra-la-mandan-los-cabos.pdf La escuadra la mandan los cabos], capítulo "La traición en La Coruña".
* [http://www.leergratis.es/ferrol/guerrarepresionFerrol.htm Guerra Civil e Represión en Ferrol e Comarca].