Aparato xustaglomerular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: | coautores = → |autor2= (2) using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Renal_corpuscle.svg|miniatura|300px|Corpúsculo renal co aparato xustaglomerular indicado como D.]]
O '''aparato xustaglomerular''' é unha estrutura renal que regula o funcionamento de cada [[nefrón]]. O seu nome débese á súa proximidade ao [[glomérulo]]: está localizado na zona de contacto entre a [[arteriolaarteríola aferente]] que chega ao glomérulo polo polo vascular do corpúsculo renal, e o túbulo contorneado distal do nefrón. Esta localización é fundamental para a súa función, xa que lle permite detectar tanto variacións na presión do sangue que chega ao glomérulo pola arteriolaarteríola aferente, como a composición do filtrado final que sae do nefrón, antes de verterse no [[túbulo colector]]. En función das variacións detectadas, esta estrutura segregra a hormona [[renina]], fundamental para a regulación da [[homeostase]] corporal.
 
No aparato xustaglomerular distínguense tres tipos de células distintas: as [[célula xustaglomerular|células xustaglomerulares]] (o 6 no esquema), as células da [[mácula densa]] (o 7) e as [[célula mesanxial|células mesanxiais extraglomerulares]] (o 5b).<ref name="Kierszenbaum">{{cita libro | autor = Kierszenbaum A.L.|ligazónautor= |autor2= | editorial = Mosby Inc.| editor = | outros = | título = Histology and cell biology: an introduction to pathology | edición = 2nd | data = | ano = 2007| mes = |lugar= | id = | isbn = 0-3230-4527-8 | páxinas = | capítulo = | URLcapítulo = | cita = }}</ref>
Liña 7:
 
=== Células xustaglomerulares ===
As [[célula xustaglomerular|células xustaglomerulares]] tamén se denominan células mioepiteliais de Ruyter ou células granulares. Sintetizan, almacenan e liberan os gránulos de [[renina]]. É un [[pericito]] modificado do [[endotelio]] da arteriolaarteríola aferente. Ademais dos citados [[gránulo (bioloxía)|gránulos]], no seu citoplasma hai abundantes [[miofibrila]]s, [[aparato de Golgi]], [[retículo endoplasmático]] rugoso e [[mitocondria]]s.
 
As células xustaglomerulares ou granulares segregan renina en resposta a tres tipos de estímulos:<ref name="Jackson">{{cita libro | autor = Jackson B.A. |ligazónautor= |autor2= C.E. Ott | editorial = Fence Creek Editors | editor = | outros = | título = Renal system. Integrated medical science. | edición = | data = | ano = 1999 | mes = |lugar= | id = ISBN 978-1-889325-31-6 | isbn = | páxinas = | capítulo = Ch.5 Maintenance of body fluid osmolarity and volume | URLcapítulo = | cita = }}</ref>
* Descenso da presión sanguínea da arteriolaarteríola aferente (que implica unha redución da perfusión renal), mediada por barorreceptores locais, que produce a liberación de renina.
* Estimulación do [[sistema nervioso simpático]] mediada por [[receptor beta-1|receptores adrenérxicos beta-1]] presentes nestas células. En xeral, a actividade do sistema simpático aumenta cando a presión sanguínea diminúe, o que provoca no [[ril]] a [[secreción]] de renina. A actividade do simpático tamén produce a constrición da arteriolaarteríola aferente. Como isto ocorre antes de chegar ás células granulares, un aumento da resistencia da arteriolaarteríola aferente implica unha redución na presión sanguínea que chega a estas células, o que activa tamén os barorreceptores e aumenta a secreción de renina.
* Variacións na cantidade de [[NaCl]] que chega ao túbulo contorneado distal, detectadas polas células da mácula densa (debidas a variacións na [[taxa de filtración glomerular]], ou GFR polas súas siglas en inglés).
Na maior parte dos casos, estes tres mecanismos actúan conxuntamente para regular a liberación de renina. Porén, cada un destes mecanismos pode operar independentemente. Por exemplo, en caso de [[hemorraxia]], o descenso da presión sanguínea produciría unha diminución na GFR e unha diminución na cantidade de NaCl que chega ao túbulo contorneado distal, o cal produciría a súa vez unha dilatación da arteriolaarteríola aferente e un aumento da GFR que neste caso é inapropiada, dado que se produciu perda de sangue. O que ocorre neste caso é que o sinal do sistema simpático, que produce vasoconstrición, é moito maior ca o sinal producido pola variación na cantidade de NaCl, polo que a vasoconstrición predomina, mantendo baixa a GFR e evitando a perda de fluído a través do ril.
 
A [[renina]] actúa sobre o [[anxiotensinóxeno]] hepático que se converte en anxiotensina I e esta en [[anxiotensina II]] (un potente vasoconstritor) por acción do [[encima convertidor de anxiotensina]] (ECA), producido fundamentalmente nos [[pulmón]]s.
Liña 20:
Chamadas tamén células desgranuladas: son células diferenciadas pertencentes ao [[epitelio]] que reviste o túbulo contorneado distal. Son células cúbicas altas ou cilíndricas baixas que presentan un núcleo denso próximo ao polo apical da célula, aparato de Golgi subnuclear, mitocondrias no polo basal e que deixan uns espazos intercelulares amplos que permiten o contacto directo do filtrado (a [[urina]]) coa [[membrana basal]].
 
As células da mácula densa detectan a concentración de [[NaCl]] no filtrado do túbulo contorneado distal e segregan un composto localmente activo (actividade [[parácrino|parácrina]]) con propiedades [[vasoconstrición|vasoconstritoras]], que actúa sobre a arteriolaarteríola aferente adxacente para reducir a taxa de filtración glomerular (GFR), o que constitúe unha parte do sistema de retroalimentación túbuloglomerular.
 
En concreto, unha filtración excesiva no glomérulo ou unha absorción inadecuada de [[sodio]] no túbulo contorneado proximal ou na asa ascendente de Henle producen un filtrado no túbulo contorneado distal cunha concentración de sodio anormalmente alta. Os [[cotransportador Na-Cl|cotransportadores Na-Cl]] introducen sodio nas células da mácula densa, que non poden saír porque a [[bomba sodio-potasio|bomba Na<sup>+</sup>/K<sup>+</sup>]] non consegue eliminar o exceso de Na<sup>+</sup>. Como consecuencia, a [[osmolaridade]] das células aumenta, polo que entra auga e as células inchan. Neste momento, actívase no polo basolateral das células un canal aniónico non selectivo activado polo estiramiento. O [[adenosín trifosfato|ATP]] sae por estes canais e é transformado en [[adenosina]]. A adenosina ten un efecto vasoconstritor sobre a arteriolaarteríola aferente adxacente, por medio dos receptores A1, e (en menor grao) un efecto vasodilatador das arteriolasarteríolas eferentes a través dos receptores A2. Isto produce unha redución da perfusión do glomérulo, e, por tanto, unha redución da GFR, e a liberación de renina.
 
Un descenso na GFR implica menos solutos na luz tubular: menos NaCl. Cando este filtrado chega á mácula densa, reabsórbese menos NaCl. Cando as células da mácula densa detectan menos NaCl, activan a [[óxido nítrico sintase]] (NOS). A óxido nítrico sintase sintetiza [[óxido nítrico|NO]], que ten un efecto vasodilatador sobre as arteriolasarteríolas.
 
=== Células mesanxiais extraglomerulares ===
Liña 32:
* fagocitose das [[inmunoglobulina]]s depositadas sobre a [[lámina basal]];
* contracción estimulada pola [[anxiotensina II]] e o [[sistema nervioso simpático]]: conteñen [[actina]] e [[miosina]].
Crese que estas células facilitan a acción do sistema simpático en momentos de descargas importantes (por exemplo, en caso de hemorraxia): a contracción das células mesanxiais reduce a superficie do glomérulo, o que reduciría a GFR, evitando a perda de fluídos pola urina. Ademais, as células mesanxiais extraglomerulares están estratéxicamente localizadas entre a mácula densa e a arteriolaarteríola aferente, polo que talvez funcionen como mediadoras da sinalización entre ambas as estruturas.<ref>Goligorsky MS, Iijima K, Krivenko Y, Tsukahara H, Hu Y, Moore LC. Role of mesangial cells in macula densa to afferent arteriole information transfer. Clin Exp Pharmacol Physiol. 1997 Jul;24(7):527-31.</ref>
 
== Notas ==
Liña 38:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Sistema renina-anxiotensina]]