Celtas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Bot: Substitución automática de texto (-Idade do Bronce +Idade de Bronce); cambios estética
Liña 26:
Para os lingüistas, os celtas son sobre todo os falantes de linguas celtas prehistóricas. Birkhan postula: ''Celta é quen fala celta.''<ref>Helmut Birkhan: ''Nachantike Keltenrezeption.'' S. 16 f.</ref> Do mesmo modo Rockel: ''Polo tanto, os celtas son os falantes dunha lingua celta.''<ref>Martin Rockel: ''Grundzüge einer Geschichte der irischen Sprache.'' Wien, 1989, S. 15.</ref> As [[Linguas célticas|linguas celtas]] forman un grupo lingüístico indoeuropeo propio.
 
A arqueoloxía ve trazos culturais comúns nas tribos celtas durante a [[Idade do Ferro]] (séculos VIII–I a. C.) desde o norte de [[España]] até [[Bohemia]] en Europa Central. Hoxe xa non hai dúbidas de que existiu un desenvolvemento continuo, a partir de culturas predecesoras da [[Idade dode Bronce]] asentadas en Europa Central, en particular da [[cultura dos Campos de Urnas]] da Idade dode Bronce tardía. Os celtas están relacionados sobre todo coas culturas de [[Cultura de Hallstatt|Hallstatt]] e de La Tène. Os nomes desas culturas proceden de dous sitios arqueolóxicos, da necrópole de Hallstatt, unha aldea lacustre localizada preto do lago do mesmo nome, no Salzkammergut [[Austria|austríaco]], a sueste de [[Salzburgo]], onde en 1846 Johann Georg Ramsauer descubriu un gran cemiterio prehistórico, e de La Tène, unha aldea na marxe setentrional do [[Lago de Neuchâtel]] na [[Suíza]], onde un tesouro de artefactos foi descoberto por Hans Kopp en 1857. Os dados obtidos a partir de ambos [[sitio arqueolóxico|sitios arqueolóxicos]] permitiron unha primeira cronoloxía. Algúns autores utilizan o termo ''celtas'' unicamente para o período céltico clásico, que comeza cerca de 650 a. C.
 
Atestado como seguro é que os celtas nunca conformaron un pobo compacto, muito menos unha nación, que en todo caso se pode falar de numerosos e distintos grupos étnicos con cultura semellante. Tratábase de tribos afíns que tiñan en común aspectos culturais que as diferenciaban dos pobos veciños, o que é descrito por exemplo por romanos como [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] na ''[[Xermania (libro)|Germania]]'' ou [[Xulio César]] na ''Guerra Gálica''.
Liña 33:
As [[Linguas célticas|linguas celtas]] forman parte da familia [[Linguas indoeuropeas|indoeuropea]]. No [[-400|400 a. C.]] a lingua celta xa estaba dividida en varios grupos, e extendeuse sobre gran parte de [[Europa Occidental|Europa occidental]], a [[Península Ibérica]], [[Irlanda]] e [[Gran Bretaña]].
 
Algúns estudosos pensan que a [[cultura dos Campos de Urnas]] na Europa occidental representa unha orixe para os celtas coma unha póla cultural distinta da familia indoeuropea. Esta cultura foi preeminente en Europa central durante a [[Idade dode Bronce]] tardía, de [[circa|c.]] [[-1200|1200 a. C.]] até o [[-700|700 a. C]], seguindo a [[cultura Unetice]] e a [[cultura dos túmulos]]. O período dos Campos de Urnas sofreu un incremento demográfico dramático na rexión, probabelmente debido ás innovacións tecnolóxicas e agrícolas. O historiador grego [[Éforo de Cime]] en [[Anatolia|Asia Menor]] escribía no [[século -IV|século IV a. C.]] que cría que os celtas viñan das illas da desembocadura do [[Río Rin|Rin]] e foran "expulsados dos seus fogares polas frecuentes guerras e o levantamento violento do mar".
 
A propagación do [[Idade do Ferro|traballo do ferro]] dirixiuse ao desenvolvemento da [[cultura de Hallstatt]] directamente da cultura dos Campos de Urnas (c. 700-500 a. C.). A lingua protocéltica, o derradeiro amtepasado común de todas as linguas celtas, é considerada por esta clase de estudosos que falouse na época serodia da cultura dos Campos de Urnas, a comezos do [[-1000|primeiro milenio a. C.]] A difusión das linguas celtas na Península Ibérica, Irlanda e Gran Bretaña teríase producido durante a primeira metade do primeiro milenio a. C., os enterramentos en carros máis antigos en Gran Bretaña datan c. 500 a. C. Ao longo dos séculos a lingua desenvolveuse por separado e deu a [[lingua celtibérica]], [[Linguas goidélicas|goidélica]] e [[Linguas britónicas|britónica]].
Liña 114:
Os ''oppida'' eran asentamentos fortificados, comunmente sobre un outeiro, rodeados de grandes foxos e murallas, con pesadas portas: atopábanse preto das grandes vías de comunicación, ou sitios de materias primas como minas de ferro, ouro, sal etc,... Tiñan dimensións variábeis, pero algúns eran enormes, como o de [[Manching]], de 380 hectáreas. Cumprían diversas funcións: campamento militar, centro relixioso, control de puntos económicos, estratéxicos e territorial. De cando en vez celebrábase o mercado. A aparición dos ''oppida'' conleva grandes cambios económicos e sociais. Os guerreiros van perdendo poder a mans dunha oligarquía non guerreira. Esta organización mantense deica o final do celtismo e a romanización dos pobos celtas.
 
== Notas ==
{{Listaref}}