Francisco Xavier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
*Apaciguar > pacificar ou calmar.
Liña 12:
 
=== Viaxes ===
Marchou á [[India]], chagando tras un duro viaxe de trece meses a [[Goa]]. No accidentado periplo apaciguoupacificou liortas e coidou dos enfermos, pois se desencadeara unha epidemia de [[escorbuto]] que fixo do seu camarote unha enfermería.
 
Asemade chegou a Goa, comezou a predicar o [[evanxeo]] entre os pescadores de perlas pobres. Adicábase a atender enfermos, leprosos, escravos, presos e moribundos e, a finais de [[1544]], bautizou a uns dez mil pescadores. Converteu á tribo dos Paravas, pero fracasou coa casta superior dos [[brahaman]]es. Describía o sufrimento dos nativos a mans dos portugueses ''como unha espiña que levo constantemente no corazón''. Ao rei de [[Portugal]] escribiulle que moitos conversos ían volver ao paganismo ''escandalizados e desalentados polas inxustizas e vexacións que impoñen os oficiais da Vosa Maxestade''. Noutra carta, falando dos abusos dos europeos dicía: ''estou aterrado ante o número de inflexións novas que se dan aquí ao verbo roubar''. Tiña unha especial atención polos nenos e para eles adaptaba as verdades do cristianismo á música popular.