Cadea trófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Food chain.jpg|150px|miniatura|dereita|Exemplo dunha cadea trófica]]
 
A '''cadea trófica''', tamén coñecida como '''cadea alimenticia''' <ref>Menos usado, ''cadea alimentaria''.</ref>, (do [[lingua grega|grego]] ''trophé'': alimentación) , é a corrente de [[enerxía]] e [[nutriente]]s que se establecen entre as distintas especies dun [[ecosistema]] en relación coa súa nutrición. As cadeas sempre se inician cun produtor sendo os demais membros os consumidores. Non adoitan ter un gran número de elos (de 4 a 7 como máximo), xa que enerxía vaise esgotando a medida que se pasa dun nivel cara o seguinte, polo que adoitan seguir a [[regra do 10%]], e dicir, aproximadamente o dez por cento da enerxía pasa dun nivel cara o seguinte, e o resto (aproximadamente o 90%) pérdese en forma de calor etc.
== Niveis tróficos dun ecosistema ==
Nunha [[biocenose]] ou comunidade biolóxica existen diferentes niveis tróficos como son os seguintes:
Liña 27:
Tamén se inverte a pirámide de efectivos cando as biomasas dos membros consecutivos son semellantes, pero o tempo de xeración é moito máis breve no nivel trófico inferior; un caso así pode darse en ecosistemas acuáticos onde os produtores primarios son [[cianobacteria]]s ou nanoprotistas.
Tamén podemos atopar a relación da enerxía e os niveis tróficos:
Nesta sucesión de etapas, nas que un organismo se alimenta e é devorado, a enerxía flúe dende un nivel trófico a outro. As plantas verdes ou outros organismos que realizan a [[fotosíntese]] utilizan a enerxía solar para elaborar [[Glícido|hidratos de carbono]] para as súas propias necesidades. A meirande parte desta enerxía química procésase no metabolismo e pérdese en forma de [[calor]] na [[respiración]]. As plantas converten a enerxía restante en biomasa, sobre o chan como tecido leñoso e herbáceo e baixo como raíces. Por último, este material, que é enerxía almacenada, se transfire ó segundo nivel trófico que comprende os herbívoros que pastan, os [[descompoñedor]]es e os que se alimentan de detritos. Si ben, a maior parte da enerxía asimilada no segundo nivel trófico pérdese de novo en forma de calor na respiración, unha porción se converte en biomasa. En cada nivel trófico os organismos converten menos enerxía en biomasa que a que reciben. Polo tanto, cantos máis pasos se produzan entre o produtor e o consumidor final, a enerxía que queda dispoñible é menor. Rara vez existen máis de catro eslabónselos, ou cinco niveis, nunha rede trófica. Co tempo, toda a enerxía que flúe a través dos niveis tróficos pérdese en forma de calor. O proceso por medio do cal a enerxía perde a súa capacidade de xerar traballo útil denomínase [[entropía]].
 
== Problemas nas cadeas tróficas ==