Mitose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Comeza no momento do ciclo celular no que os cromosomas condensados empezan a ser visíbeis nun xeito de filamentos no interior do [[núcleo celular|núcleo]]. Ao longo da profase segue a condensación dos cromosomas, que se fan cada vez más curtos e grosos.
 
Cada cromosoma aparece constituído por dúas [[cromátidacromátide]]s irmás idénticas, que están unidas polos seus [[centrómero]]s; en cada un deles desenvólvese un ''[[cinetocoro]]''.
Ao mesmo tempo que os cromosomas se condensan, o [[nucléolo]] comeza a se descondensar e desaparece progresivamente.
 
Liña 18:
Comeza cando se rompe a envoltura nuclear en pequenas [[vesícula]]s ou fragmentos de [[membrana celular|membrana]]. Ditas vesículas fican durante a mitose nas proximidades do fuso e a partir delas formaranse as novas envolturas nucleares das células fillas.
 
A rotura da envoltura nuclear permite que os microtúbulos do fuso interaccionen cos cromosomas grazas ao cinetocoro. Os microtúbulos polares capturados polos cinetocoros pasan a se chamar ''cinetocóricos''. En cada cromosoma os microtúbulos cinetocóricos esténdense en direccións opostas dende cada cromátidacromátide a un pólo do fuso, e orientan aos cromosomas facendo que se vaian concentrando no plano ecuatorial da célula.
 
== Metafase ==
Liña 28:
== Anafase ==
 
Comeza coa separación simultánea de cada cromosoma nas súas cromátidascromátides irmás, que se desprazan cara aos pólos opostos do fuso.
 
O desprazamento das [[cromátidacromátide]]s prodúcese pola desensamblaxe e acurtamento dos ''microtúbulos cinetocóricos''. Ademais, ao mesmo tempo os dous pólos do fuso mitótico se separan entre si, debido a que os microtúbulos polares se alongan pola ensamblaxe de [[molécula]]s de ''[[tubulina]]'' entre os seus extremos.
 
Cara ao final da anafase, os cromosomas separáronse en dous grupos iguais, cada un dos cales se atopa nun dos pólos do fuso e fará parte do núcleo dunha nova célula.