Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 173:
== Porto do Son na literatura popular ==
* ''Miña nai non me casedes/ nese portiño do Son,/ que están os demos metidos/ nas covas de Fonforrón'' <ref>Fonforrón é unha praia da parroquia de Noal, en Porto do Son. [[Álvaro das Casas]] (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 95, 15.11.1931, 216. No texto: ''cobas''.</ref>.
* ''Na miña vida tal vin/ nesa aldea de Seráns:/ unha cadela con pitos,/ unha galiña con cans'' <ref>[[Fermín Bouza-Brey]]: "Cantigas populares da Arousa", en ''Arquivos do Seminario de Estudos Galegos'' III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 188. No texto: ''vín'', ''n-esa'', ''cáns''. Seráns é lugar de [[San Pedro de Muro, Porto do Son|San Pedro de Muro]] pero a cantiga está recollida en [[Palmeira, Ribeira|Palmeira]] (Ribeira).</ref>.
* ''O Cristo de Finisterre/ ten unha pistola d'ouro/ pra matar aos do Son/ por riba de Monte Louro'' <ref>[[Álvaro das Casas]] (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. No texto: ''d-ouro'', ''Montelouro''.</ref>.
* ''Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros'' <ref>ANÓNIMO (1968): ''Cantigas do viño''. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). ''Aloque'' ou ''aloqueiro'' significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. ''Bucheiro'' pode significar barrigán, tripón; ou pescador de ''bucheiros'', nome local dos muxos.</ref>.