[[Ficheiro:Calvin-cycle4-gl.svg|miniatura|dereita|300px|Ciclo de Calvin–Benson.]]
A '''fixación do carbono C3C<sub>3</sub>''' é unha [[vía metabólica]] para a [[fixación do carbono]] na [[fotosíntese]] utilizada pola maioría das plantas, na cal o CO<sub>2</sub> atmosférico entra directamente no [[ciclo de Calvin]]. É un dos tres modos de fixación do carbono na fotosíntese, xunto coa [[fixación C4]] e a [[Metabolismo ácido das crasuláceas|CAM]]. Este proceso converte o [[dióxido de carbono]] e a [[ribulosa 1,5-bisfosfato]] (RuBP, un azucre de 5 carbonos xa existente na planta) en dúas moléculas de [[3-fosfoglicerato]], que levan os carbonos procedentes do CO<sub>2</sub>. O 3-fosfoglicerato é un composto de 3 carbonos, de onde vén a denominación C3. O proceso realízase segundo a seguinte reacción: