Vodú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Engadida referencia DRAG
m →‎Arte vodú: Arranxos varios
Liña 27:
Nas pinturas relixiosas vodú tiveron unha grande influencia as cromolitografías católicas na elección de cores, tonalidades e harmonía das cores, pero os ''vèvè'' (símbolos dos ''loa'' feitos con fariña ou borra do café) son elementos básicos do vudú e parecen ter unha acción máis determinante na pintura haitiana. Na liturxia vodú cada cor representa un ''loa'' (Legba o vermello, Zaka o azul, Barón Samedi o negro e o violeta, Dambala o branco etc.) á parte de ter un significado propio e a pintura sofre esa influencia. Por outra banda as liñas teñen un valor cósmico: a horizontal é a materia, a cruz o encontro do espírito e a materia signo de Legba e Xesús e a circunferencia símbolo de Dambala e do home que se converte no centro de todo.
 
Nas chamadas artes aplicadas, fanse figuras dos ''loa'' a partir de metais recortados con siluetas, así como a decoración dos templos (''oufó'') con pinturas de ''vèvè'' e de santos católicos (que en realidade son ''loas''), así como os motivos xeométricos que inzan toda a superficie dos ''poteau-mitan''.
 
== Glosario ==