Nogueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m Arranxos varios
Liña 34:
 
== As noces ==
[[Ficheiro:Walnuts02.jpg|dereita|160px|miniatura|]]
As noces de tódalas especies de nogueiras son comestibles, pero as que se aproveitan comercialmente son, en xeral, as da [[nogueira común]], que son as de tamaño maior e de pel interior máis fina. As noces son ricas en [[aceite]] e pódense consumir crúas ou cociñadas. O aceite empregase a miúdo na pintura ó óleo. As noces son unha fonte de [[ácidos graxos omega-3]] e demostráronse eficaces na redución do [[colesterol]]. Necesitan conservarse en fresco, xa que en condicións cálidas teñen tendencia a se pór rancias en poucas semanas.
 
Liña 46:
 
As nogueiras adoitan usarse coma árbore decorativa en parques e xardíns grandes. A nogueira xaponesa é a principal especie usada con este fin, polas súas follas enormes, que lle dan un aspecto tropical.
Non son axeitadas para pequenos xardíns, xa que deixan caer moita folla, polas, ramallos e noces. As follas caídas e as raíces producen unha substancia que é tóxica para algunhas plantas coma o [[tomate]], a [[maceira]] e o [[bidueiro]]. Esta substancia a ''xuglina'' parece ser un mecanismo de defensa da planta e pode persistir no solo anos despois de ser cortada a árbore, debido a descomposición das raíces. A área de máis afectación e que vai desde o tronco as puntas das polas máis exteriores.
 
== Noces e saúde ==
[[Ficheiro:W Nuss Gr 99.jpg|miniatura|esquerda|200px|Noz. Á dereita un dos dous cotiledóns que forman o froito.]]
Un estudo recente publicado na revista do Colexio americano de cardioloxía (''American College of Cardiology'') afirma que o consumo de noces despois dunha comida rica en graxas isaturadas pode reducir os danos destas graxas no aparato circulatorio. Investigadores do ''Hospital Clinic de [[Barcelona]]'' levaron a cabo un estudo en 24 persoas adultas que amosou a redución do risco de [[inflamación]] e oxidación das [[Arteria|arteriasarteria]]s en persoas que consumiron noces ou aceite de oliva despois de comidas ricas en graxas saturadas. A diferenza do aceite de oliva, as noces facilitaban que as arterias mantiveran a súa flexibilidade mesmo no caso de persoas con niveis de colesterol elevados. Os investigador Dr. Emilio Ros atribuíu os efectos protectores das noces ó seu alto contido en antioxidantes e ALA, un ácido graxo omega-3. As noces conteñen tamén [[arxinina]], un aminoácido usado polo corpo para a produción de [[óxido nítrico]], necesario para manter a elasticidade dos vasos sanguíneos.
Fonte: Journal of the American College of Cardiology - 17, Outubro 2006
 
Liña 83:
 
== Na tradición popular ==
Aínda que na medicina popular é empregado como purgante cando se inxire ou bo para a [[cute]] por vía tópica, considérase unha árbore de efecto nocivo. A súa sombra áchase danina para animais e persoas.<ref>Suárez Groba, Mónica, ''Breviario Enciclopédico, Eladio Rodríguez González'', 2001</ref>
 
== Galería de imaxes ==