Barril beta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Bot: Substitución automática de texto (-Gram-negativa +gramnegativa)
Liña 1:
[[Ficheiro:Sucrose porin 1a0s.png|miniatura|dereita|250px|Barril beta da [[porina]] específica para [[sacarosa]] da [[bacteria]] [[Salmonella enterica subsp. enterica|''Salmonella typhimurium'']], vista de lado. As porinas son [[proteína transmembrana|proteínas transmembrana]] con centros ocos a través dos cales poden difundir moléculas pequenas.]]
[[Ficheiro:Rbp 1brp.png|miniatura|dereita|250px|A proteína de unión ao [[retinol]] humana é unha [[lipocalina]] cun barril formado por oito [[lamina beta|láminas beta]] de unión ao retinol ([[vitamina A]]).]]
Un '''barril beta''' é unha [[estrutura das proteínas|estrutura]] típica dalgunhas proteínas formada por unha serie de [[lámina beta|láminas beta]] que se torcen e enrolan para formar unha estrutura pechada na cal a primeira cadea de láminas beta se une á última por medio de enlaces por [[ponte de hidróxeno]]. Estas láminas beta xeralmente dispóñense de forma [[antiparalelismo (bioquímica)|antiparalela]]. As estruturas de barril encóntranse comunmente en [[porina]]s e outras proteínas que atravesan membranas celulares e proteínas que se unen a ligandos [[hidrofóbico]]s no centro do barril, como é o caso das [[lipocalina]]s. As estruturas de barril tipo porinas están codificadas por ata o 2-3% dos xenes dunha [[bacteria Gram-negativagramnegativa]].<ref name="Wimley">Wimley WC. (2003). "The versatile beta-barrel membrane protein". ''Curr Opin Struct Biol'' '''13'''(4): 404–11. PMID 12948769.</ref>
En moitos casos as cadeas conteñen unha alternancia de residuos aminoácidos polares e hidrofóbicos, de modo que os residuos hidrofóbicos están orientados cara ao interior do barril para formar un núcleo hidrofóbico e os residuos polares están orientados cara ao exterior do barril sobre a superficie exposta ao solvente. As porinas e outras proteínas de membrana que conteñen barrís beta poden reverter este patrón, presentando os residuos hidrófobos orientados cara ao exterior, onde están en contacto con lípidos, e os residuos [[hidrófilo]]s orientados cara ao interior do poro.
Todos os barrís beta poden clasificarse en función de dous parámetros: o número de cadeas na lámina beta, n, e o "número de cizalla", S, unha medida da forma alternada das cadeas das láminas beta.<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Murzin A, Lesk A, Chothia C |título=Principles determining the structure of beta-sheet barrels in proteins. I. A theoretical analysis |revista=J Mol Biol |volume=236 |número=5 |páxinas=1369–81 |ano=1994 |pmid=8126726 |doi=10.1016/0022-2836(94)90064-7}}</ref> Estes dous parámetros (n e S) relaciónanse co ángulo de inclinación das cadeas de láminas beta en relación co eixe do barril.<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Murzin A, Lesk A, Chothia C |título=Principles determining the structure of beta-sheet barrels in proteins. II. The observed structures |revista=J Mol Biol |volume=236 |número=5 |páxinas=1382–400 |ano=1994 |pmid=8126727 |doi=10.1016/0022-2836(94)90065-5}}</ref><ref name="Liu">Liu WM. (1998). "Shear numbers of protein beta-barrels: definition refinements and statistics". ''J Mol Biol'' '''275'''(4): 541-5. PMID 9466929.</ref>
Liña 19:
== Algunhas funcións dos barrís beta ==
=== Porinas ===
Nas [[porina]]s son comúns estruturas beta de dezaseis ou dezaoito cadeas, que funcionan como transportadores de ións e pequenas moléculas que non poden [[difusión|difundir]] directamente a través da membrana. Ditas estruturas aparecen nas membranas externas das [[parede celular|paredes celulares]] das [[bacteria Gram-negativagramnegativa|bacterias Gram-negativasgramnegativas]], [[cloroplasto]]s, e [[mitocondria]]s. O poro central da proteína está tapizado de residuos cargados dispostos de modo que as cargas positivas e negativas se sitúen en lados opostos do poro. Un longo bucle entre dúas láminas beta tapa parcialmente o canal central; o tamaño exacto e a conformación do bucle axudan a discriminar entre as moléculas que pasan a través do transportador.
 
=== Lipocalinas ===