Envoltura celular bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Gram positiva +grampositiva); cambios estética
Liña 9:
== Parede celular grampositiva ==
{{Artigo principal|Bacteria grampositiva}}
A parede celular [[Gram positiva|grampositiva]] caracterízase pola presenza dunha capa de [[peptidoglicano]] moi grosa, que é responsable da retención das tinguiduras violetas durante a [[tinguidura de Gram]]. As paredes celulares grampositivas conteñen uns polialcohois denominados [[ácido teicoico|ácidos teicoicos]], algúns dos cales se enlazan con lípidos para formar ácidos lipoteicoicos. Como os ácidos lipoteicoicos teñen enlaces covalentes cos lípidos da membrana citoplásmica, son responsables de enlazar o peptidoglicano á membrana citoplásmica. Os ácidos teicoicos dan á parede celular grampositiva unha carga negativa total debido á presenza de [[enlace fosfodiéster|enlaces de fosfodiéster]] entre os monómeros do ácido teicoico.
 
Este tipo de parede celular encóntrase nos organismos que pertencen aos grupos [[Actinobacteria]] (organismos grampositivos con [[contido GC]] alto) e [[Firmicutes]] (organismos grampositivos con contido GC baixo). As bacterias do grupo [[Deinococcus-Thermus]] poden tamén exhibir un comportamento positivo na tinguidura de Gram, pero en estrutura a súa parede celular é a típica dos organismos gramnegativos.