Santo Domingo de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *máns e outros
Liña 31:
[[Ficheiro:Catedral Primada - exterior.jpg|300px|miniatura|Catedral Santa María La Menor]] [[Ficheiro:ElConde.JPG|300px|miniatura|esquerda|Rúa El Conde]]
 
'''Santo Domingo de Guzmán''', normalmente chamada só '''Santo Domingo''', é a capital da [[República Dominicana]]. En [[2010]] tiña 965.040 habitantes.
 
== Historia ==
Coa historia urbana de Santo Domingo dá comezo tamén a do urbanismo colonial no novo continente. Mesmo foi [[Cristovo Colón]] nas súas primeiras viaxes quen fundara os antecedentes da futura capital, aínda que situados no extremo oposto da illa [[A Española]] (''Fuerte de la Navidad'', hoxe [[Haití]], en [[1492]] e tamén o novo asentamento, igualmente fracasado, máis ao leste na mesma costa norte da illa, ''La Isabela'', na súa segunda viaxe en [[1493]]). Pero o empeño tivo continuidade nunha terceira fundación, xa na costa sur da illa, na beira oriental do río Ozama preto da súa desembocadura no [[Mar Caribe]].
 
[[Ficheiro:Urbs Domingo in Hispaniola - Montanus - 1671.jpg|miniatura|200px|esquerda|Santo Domingo na beira occidental do río Ozama; enfrontefronte a el, na beira oriental, o antigo solar de Nueva Isabela.]]
 
Era o ano [[1496]], e co nome de ''Nueva Isabela'' Bartolomé Colón cumpriu co encargo que o seu irmán lle dera antes de retornar a [[España]]. Con todo, en [[1502]] un furacán destruíu o asentamento, axiña reconstruído na beira occidental do Ozama co novo nome de Santo Domingo de Guzmán.
 
=== A ''Ciudad Colonial'', berce do urbanismo americano ===
O gobernador Nicolás de Ovando trazou a cordel a primeira cuadrícula hipodámica de [[América]] (non se coñece o plano inicial de Ovando, somentes son hipótesis sobre a planta posterior<ref>''Traza inicial de Nicolás de Ovando para Santo Domingo; "Felipe II y l urbanismo moderno, Sara Izquierdo, pdf.(4mb) páx. 15 e 16''. [http://www.ucm.es/BUCM/revistas/ghi/02119803/articulos/AGUC9393110081A.PDF]</ref><ref>[http://books.google.es/books?id=0qv2Vvh4ONMC&lpg=PA96&ots=TZB8OCNmiV&dq=traza%20de%20Nicol%C3%A1s%20de%20Ovando%20para%20Santo%20Domingo&hl=en&pg=PA96#v=onepage&q=traza%20de%20Nicol%C3%A1s%20de%20Ovando%20para%20Santo%20Domingo&f=true ''Plano de la fundación de Santo Domingo por Nicolás Ovando'']</ref>). Arrodeando unha Praza Maior coa Catedral (igualmente primada das americanas) e o Concello. Aínda que de traza irregular e non plenamente desenvolvido (a praza maior non aparece centrada senón preto do porto segundo o costume medieval e a catedral sitúase lateralmente exenta) o modelo vaise impor (xa regulamentado nas Ordenanzas de [[Felipe II]], [[1573]]) coma o canónico do urbanismo colonial americano.
 
[[Ficheiro:Plan de la ville de San Domingo - Humblot Antoine - 1730.jpg|miniatura|200px|esquerda|Planta da vila en 1730.]]
[[Ficheiro:Santo Domingo Map 1873.jpg|miniatura|200px|Mapa da cidade, 1873.]]
 
Ese deseño inicial incluía unha fortaleza (Fortaleza Ozama<ref>[http://www.reddominicana.com/elpais/historia/imagenes/119.jpg ''Vista da punta da Fortaleza Ozama na maqueta da Cidade Colonial'']</ref>) na punta sueste e prazas secundarias, conventos (franciscanos e dominicos), hospital, atarazanas (estaleiros) e pazo virreinal (Alcázar de Colón, fronte ao Ozama). A rúa sur-norte paralela ao río que unía a fortaleza e o pazo, ''calle Las Damas'', converteuse na principal da vila. A cidade medrou de seguida ao longo do [[século XVI]] coma primeira base da conquista e colonización española e coa industria da [[cana de azucre]]. En [[1538]] foi fundada a primeira universidade do novo mundo e unha muralla arrodeou finalmente todo o conxunto coñecido hoxe coma ''Ciudad Colonial''<ref>''Vista da maqueta da Cidade Colonial dende o norte: visible a rúa Las Damas ao fondo á esquerda, cos edificios administrativos e casonas nobiliarias'' [http://www.reddominicana.com/elpais/historia/imagenes/129.jpg]</ref><ref>[http://www.reddominicana.com/elpais/historia/imagenes/128.jpg ''Idem dende o oeste'']</ref>.
 
=== Estancamento e abandono ===
O avance da colonización no continente (sinaladamente [[México]]), supuxo a perda do relevante papel inicial de Santo Domingo e a colonia foi progresivamente abandonada a súa sorte pola coroa. Caeu en mánsmans piratas ([[Francis Drake|F. Drake]] en [[1586]]) durante cincuenta anos. De metade do [[século XVII]] data a principal rúa da Zona Colonial, ''El Conde'', que a percorría de leste a oeste dende ''Las Damas'' ata o baluarte homónimo do Conde na muralla, reforzada naquela época. A cidade foi finalmente cedida aos franceses en [[1795]] xunto á parte oriental da illa.
 
=== Capital dominicana ===
Trala independencia e comacomo capital da [[República Dominicana]] dende 1844, Santo Domingo permaneceu no recinto colonial intramurallas (aínda que estas foran maiormente demolidas nese tempo) ata finais do [[século XIX]] enchendo os baleiros periféricos do dameiro colonial. En [[1884]] un primeiro plan de extensión da cidade cara ao oeste foi trazado co nome de ''Ciudad Nueva''<ref>[https://archive.is/20120905033643/www.mapasgaar.com.do/components/com_virtuemart/shop_image/product/Plano_de_la_Ciud_4c4072c0a0d0f.jpg ''Plano de Santo Domingo coa Ciudad Nueva do oeste, 1900'']</ref><ref>''Vista debuxada de paxaro de Santo Domingo coa Fortaleza Ozama en primeiro termo (1920): os primeiros desenvolvementos máis aló de murallas ao oeste (plan de 1884) e os posteriores cara ó norte'' [https://archive.is/20120904024901/www.mapasgaar.com.do/components/com_virtuemart/shop_image/product/Santo_Domingo_de_4c40745e64b0d.gif]</ref>.
 
=== Século XX ===
Tralo desastre do [[furacán]] de [[1930]] que destruíu gran parte da vila, a reconstrución en plena ditadura de [[Rafael Leónidas Trujillo]] (quen trocou o nome da capital por Ciudad Trujillo) levou despois a plans grandilocuentes que non tiveron máis que unha mínima plasmación real<ref>[http://lavendatransparente.files.wordpress.com/2008/11/diseno-capital-111.jpg ''Un dos plans do dictador Trujillo para a súa capital, c.1938'']</ref><ref>[https://archive.is/20120709171319/images3.listindiario.com/image/article/285/460x390/0/4AAFCCF2-4850-4334-A1D9-E3491BDB3E08.jpeg ''Plano de Ciudad Trujillo (anos cincuenta)'']</ref>. Tamén a idea, xa existente dende os anos vinte, de crear un gran parque na beira leste do Ozama cun monumento a Colón, tivo que agardar ata o quinto centenario do [[Descubrimento de América|Descubrimento]] e da cidade para seresser levado a cabo (Faro a Colón, [[1992]]).
 
Entremedias e xa recuperado o seu nome orixinal en [[1961]], Santo Domingo experimentou a metropolización característica dos anos de desenvolvemento industrial e forte inmigración do rural na área da capital dun país do terceiro mundo, ata superar mesmo os catro millóns de habitantes nestes comezos do [[século XXI]]<ref>[http://imageshack.us/photo/my-images/266/mt0.png/ ''Crecemento de Santo Domingo, 1956-2010'']</ref><ref>''"Análisis del crecimiento urbano en el área metropolitana de Santo Domingo....", varios autores (pdf)'' [http://www.laccei.org/LACCEI2009-Venezuela/p146.pdf]</ref>.