Uxío IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Papado: arranxiño
Liña 9:
Xa na [[Orde dos Cóengos Regulares de San Agostiño]] xurdiu como unha figura prominente durante o pontificado do seu tío, o Papa [[Gregorio XII, papa|Gregorio XII]], quen o nomeou bispo de [[Siena]], o que provocou a repulsa da clase política da cidade, contraria ao nomeamento dun bispo estranxeiro de 24 anos. Condulmer renunciou ao posto, converténdose entón no tesoureiro papal do seu tío, Cardeal de San Marcos e San Clemente ([[Basílica]]s ambas), e logo cardeal da [[Basílica]] de [[Santa María en Trastevere]].
=== Papado ===
Foille de moita utilidade ao [[Martiño V, papa|Papa Martiño V]], o que o levou a ser rapidamente elixido como o seu sucesor. Foi coroado en [[Roma]] o [[11 de marzo]] de [[1431]]. Antes da súa elección asinou un acordo por escrito cos cardeais, no cal se comprometía a distribuírlles a metade das gañanciasganancias da Igrexa e, en adición, prometeu consultarlles todo tipo de interrogantes de importancia, tanto espirituais como temporais.
 
Os tempos eran difíciles. O movemento conciliarista, que proclamaba que o Concilio era superior ao Papa, achábase no seu apoxeo. A insuficiencia das reformas tentadas polo Concilio de Constanza aumentaran o malestar e a insatisfacción. Os [[hussitas]] mostrábanse vitoriosos e irredutíbeis. Moitos esperaban a solución destes males do Concilio de Basilea, convocado por Martiño V pouco antes da súa morte. Desde o primeiro até o último día do seu pontificado, Uxío tería fronte a si un Concilio antipapal. O conflito era inevitábel.
Liña 38:
 
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Lupa Cælestina'' (Loba celestina) e recollen que antes do seu pontificado foi bispo de Siena, cuxas armas representan unha loba.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===