Labrada, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
actualizo datos de poboación
m Bot: Substitución automática de texto (- sube + sobe); cambios estética
Liña 16:
 
 
== Xeografía ==
Limita ó norte co [[O Cadramón, O Valadouro|Cadramón]] (concello do [[O Valadouro|Valadouro]]) e [[O Pereiro, Alfoz|O Pereiro]] (concello de [[Alfoz]]), ó sur con [[Castromaior, Abadín|Castromaior]], [[Fanoi, Abadín|Fanoi]] e [[Romariz, Abadín|Romariz]], ó leste con [[Figueiras, Mondoñedo|Figueiras]], do concello de [[Mondoñedo]], e [[Romariz, Abadín|Romariz]]; ó Oeste con [[San Simón da Costa, Vilalba|San Simón da Costa]], [[Corvelle, Vilalba|Corvelle]] (dentro do concello de [[Vilalba]]) e [[Montouto, Abadín|Montouto]].
 
Liña 23:
As entidades son Os Agros (abandonado), A Atalaia (abandonado), O Barral (25), As Basilias (15), A Caveira (7), O Calvo (11), Carvallal (8), Carozo (10), A Casavella (12), Chao do Covo (13), Chao do Outeiro (16), A Choqueira (4), O Cordal (26), O Coto (5), Currovedo (3), Lamacide (9), O Outeiro (10), A Pardela (abandonado), O Paridoiro (4), O Pazo (2), Portovello (7), A Poza (abandopnado), Ratoeira (2), Sisalde (2), Tezán (26), Tivián (15), As Trandeiras (8) e Xanaz (abandonado). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son A Capeleira, O Catadoiro, O Fondo de Vila, A Fonte, O Freixeiro, As Lagoas, Lestide, As Vigas e Xuadento.
 
=== Orografía ===
Destacan os cumios de Lombo Pequeno (1.015 m), Río Pedrido (1.005 m), Ladeiras do Seixobranco (962 m), Airavella (961 m), Salgueiriño (935 m), Redondiño (916 m), Pena da Cruz (831 m), Mariñas do Reial (821 m), Couto da Cal (807 m), Chao da Fouce (788 m), Pena do Montrol (779 m), Curro do Bispo (707 m), Porto da Calzada Vella (670 m) e A Santa (600 m).
 
== Historia ==
Coma outras terras do bispado mindoniense, vencéllase historicamente á chegada dos [[bretóns]] insulares nos séculos V e VI, como data a sinatura do Bispo britano [[Mailoc]] no [[Segundo Concilio de Braga]] no 572.
 
Os documentos máis antigos nos que aparece a parroquia refírense ó [[1407]], cando o [[Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol|bispo de Mondoñedo]], [[Álvaro de Isorna]], arrendou a [[Nuno Freire de Andrade, o Mao]] varios coutos da súa xurisdición, entre eles Labrada.
 
== Patrimonio histórico e artístico ==
A '''Igrexa Parroquial de San Pedro de Labrada''', situada na aldea do Barral, esta feita sobre un terreo sumamente crebado e montañoso no que, a finais do [[século XII]], o bispo de Mondoñedo fundou a parroquia. Conserva algún elemento [[arquitectura románica|románico]]. De nave rectangular, con capela maior cadrada de maior altura e sancristía acaroada na cabeceira. Cuberta de tella a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. A fachada, do [[século XVIII]], é de fábrica de perpiaños graníticos, con porta de [[arco (arquitectura)|arco adintelado]], pequena xanela, espadaña de dous corpos e tres vanos rematada en frontón e puntas de diamante, a que se subesobe pola escaleira lateral acaroada o muro esquerdo. Os muros laterais son a parte máis antiga do edificio, e teñen quenllas sen debuxo, así como unha porta de arco de medio punto con seis grandes dovelas no muro esquerdo, e o seu caron un escudo gótico con cruz. A inscrición no exterior da capela maior data do [[1852]]. E no interior conten imáxes de talla moderna.
 
=== Cruceiros ===
No Barral, hai situados dous [[cruceiro]]s: O primeiro, realizado en [[granito]] e de pequenas dimensións. Cruz cunha figura arcaizante de [[Cristo]], que ten ós seus pés a escultura dunha cabeza; sen capitel, apoiase directamente sobre unha base tronco-piramidal e non ten inscrición.
 
O segundo cruceiro, tamén realizado en granito. Ten unha Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso e a Dolorosa no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste con relevo de San Pedro na parte superior, seguido dos atributos da Paixón: cravos, martelo, tenaces, lanza e escaleira; a base, de tronco-piramidal con inscrición ten a data de realización do [[1885]].
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Labrada ===
{{Lp Labrada}}
=== Parroquias de Abadín ===
[[Ficheiro:Parroquias de Abadin.png|miniatura|dereita|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.]]
{{Abadín}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Abadín]]
 
[[Categoría:Parroquias de Abadín]]