Gradualismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
== Xeoloxía e bioloxía ==
 
Nas ciencias naturais, o gradualismo é a teoría que considera que os cambios profundos observados na natureza son oprodutoo produto acumulativo de procesos lentos pero continuos, o que xeralmente se contrapón ao [[catastrofismo]]. A teoría foi proposta en 1795 polo médico escocés [[James Hutton]] para aplicala á xeoloxía, e foi despois incorporada á teoría dedo [[uniformitarismo]] (''Uniformitarianism'') de [[Charles Lyell]]. Os principios de ambas as teorías foron aplicados despois á bioloxía e constituíron a base da teoría da [[evolución]].
 
[[Charles Darwin]] foi moi influenciado polo libro de Lyell ''Principles of Geology'', que explicaba a metodoloxía e teoría uniformitaristas. Usando o uniformitarismo, que establece que non se pode apelar para explicar os cambios no pasado a unha forza ou fenómeno que non se observa no presente (ver [[catastrofismo]]), Darwin teorizou que o proceso evolutivo debe ocorrer gradualmente, non a [[Saltacionismo|saltos]], xa que os saltos non se observan no presente, e desviacións extremas das variacións [[fenotipo|fenotípicas]] usuais serían probablemente [[selección natural|seleccionadas]] en contra.
 
O gradualismo confúndese con frecuencia co concepto máis específico de [[gradualismo filético]]. Este último é un termo acuñado por [[Stephen Jay Gould]] e [[Niles Eldredge]] para contrapoñelo ao seu modelo do [[equilibrio interrompido]], que, aínda que tamén é basicamente gradualista, considera que a maior parte da evolución está marcada por longos períodos de estabilidade evolutiva, chamados períodos de "estase", que son interrompidos por raros momentos breves de evolución ramificante.<ref name=punc1972>Eldredge, Niles, and S. J. Gould (1972). [http://www.blackwellpublishing.com/ridley/classictexts/eldredge.pdf "Punctuated equilibria: an alternative to phyletic gradualism."] In T.J.M. Schopf, ed., ''Models in Paleobiology''. San Francisco: Freeman, Cooper and Company, pp. 82-115.</ref>
 
== Gradualismo filético ==