Desterro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 2:
{{ortografía}}
 
O '''desterro''' é un castigo polo cal o súbdito ou cidadán perde a súa nacionalidade converténdose nun apátrida, este tipo de medida legal estaba por baixo da Pena da morte na consideración popular. Actualmente este tipo de pena xa non existe debido aos problemas causados no dereito internacional cando o Estado receptor do acusado non o quere no seu territorio, aínda que se mantívo no dereito de varios países como [[Brasil]] ata finais dos 80 do século XX.
 
Esta medida serviu para desfacerse de inimigos políticos durante centos de anos, diferenciándose da [[Deportación]] en que nese caso o castigo alcanza etnias ou nacionaliades enteiras. O caso do exilio tamén é diferente, xa que nel o individuo fuxe do país natal por razóns políticas xa sexan obrigados ou por estaren en desacordo co seu goberno, como o caso das desafeccións na [[URSS]].
Liña 8:
== Historia ==
 
En España a pena de desterro atópase xa na Idade Media, nas partidas de [[Afonso X o Sabio|Afonxo X]] amósase o castigo de desterro ás illas. Nos códigos penais do [[século XIX]] volve aparecer, a mediados e finais do XIX os desterrados ou deportados eran enviados a lugares illados, como as colonias penitenciarias en ultramar así como os penais de [[Ceuta]] e [[Melilla]] ao igual que facían [[Francia]] (que deportaba criminais e presos políticos a lugares como a Illa do Demo) e [[Inglaterra]] (que enviaba convictos a [[Australia]]). Durante a Guerra dos Dez Anos (1868-1878) na que Cuba tentouse independizar de España, o Capitán Xeneral Dulce tivo que deportar incluso a membros da facción "españolista" a [[Fernando Poo]] debido aos motíns causados por eles contra a súa autoridade<ref> "España y la armada en las guerras de Cuba" Carlos Vila Miranda ed Fundación Alvargonzález 1984</ref> .
 
Durante o [[franquismo]] esta pena dirixiuse contra persoas como xenerais monárquicos e algúns do chamado contubernio de Múnic, desterrados ás [[illas Canarias]]. Esta pena mantívose no código penal ata fai pouco e actualmente foi substituída pola de orde de aloxamento que priva do dereito a residir ou permanecer en diversos lugares tanto de forma provisional ou cautelar.
Liña 31:
==Notas==
{{Listaref}}
</ref>
 
[[Categoría:Dereito penal]]