Músculo esquelético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Tríada > tríade.
Liña 36:
Cada [[orgánulo]] e macromolécula dunha fibra muscular está colocado de maneira que permita a súa función. A membrana plasmática denomínase [[sarcolema]] e o citoplasma coñécese como [[sarcoplasma]]. No sarcoplasma hai conxuntos de [[miofibrila]]s. As miofibrilas son longos feixes de proteínas de aproximadamente 1 [[micron]] de diámetro que conteñen miofilamentos. Os mionúcleos son aplanados e periféricos, xa que están presionados contra a cara interna do sarcolema. Estre as miofibrilas están as [[mitocondria]]s.
 
Aínda que as fibras musculares non teñen un retículo endoplasmático liso normal, presentan un tipo especial moi característico chamado [[retículo sarcoplásmico]]. O retículo sarcoplásmico rodea as miofibrilas e mantén unha reserva de ións calcio que cómpre para causar unha contracción muscular. Cun espazado periódico, presenta sacos con fondo dilatado coñecidos como cisternas terminais. Estas cruzan a fibra muscular dun lado a outro. Entre dúas cisternas terminais hai uns repregamentos tubulares invaxinados do sarcolema chamados túbulos transversos ou túbulos T. Os túbulos T son as vías a través das cales os potenciais de acción indican ao retículo sarcoplásmico que ten que liberar o calcio, causando a contracción muscular. En conxunto, dúas cisternas terminais e un túbulo transverso forman unha tríadatríade.<ref>{{Cita libro |author=Saladin, Kenneth S. |title=Anatomy and Physiology |publisher=Watnick|location=New York |year=2010 |pages=405–406 |isbn=9780072943689 |edition=3rd}}</ref>
 
Outro grupo de células, as [[célula miosatélite|células miosatélites]] encóntrase entre a [[lámina basal]] e o sarcolema das fibras musculars. Estas células son normalmente quiescentes pero poden ser activadas polo exercicio ou unha patoloxía e proporcionan mionúcleos adicionais para o crecemento muscular e a reparación.