Bruto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
*Idus > idos.
Liña 1:
[[Ficheiro:Brutus.jpg|miniatura|200px|Ilustración de '''Bruto''']]
 
'''Marco Xunio Bruto''', nado contra o [[-85|85 a.C.]] e finado o [[23 de outubro]] do [[-42|42 a.C.]], foi un [[político]] e [[militar]] [[Roma Antiga|romano]] da etapa final da [[República Romana|República]]. Foi un dos líderes dos conspiradores que planexaron e executaron o [[asasinato]] de [[Xulio César]] nos [[idusidos de marzo]] do [[-44]]. Non debe ser confundido con [[Décimo Xunio Bruto Albino|Décimo Xunio Bruto]], outro parente da familia dos Brutos que tamén participou no complot.
 
== Traxectoria ==
Bruto era fillo de Décimo Xunio Bruto (que, a pesar de ter o mesmo nome, non debe confundirse co asasino de César), un político pouco importante e [[Servilia Cepionis]], media irmá de [[Catón o Xove|Catón o Novo]] e amante de [[Xulio César]]. Algunhas fontes falan da posibilidade de que César fora o seu verdadeiro pai, aínda que probablemente non se trate máis que dun rumor sen fundamento, xa que César tiña quince anos cando naceu Bruto, e a relación coa súa nai empezou dez anos despois.
 
O avó de Bruto, [[Quinto Servilio Cepio]], adoptouno cando era novo e Bruto engadiu o ''[[cognomen]]'' Cepio ao seu nome. A súa carreira política empezou cando se converteu en asistente de Catón durante o período no que este último foi gobernador de [[Chipre]]. Nesa época, Bruto enriqueceuse prestando diñeiro a altos xuros. Dende a súa aparición no [[Senado romano|Senado]], alineouse coa facción conservadora (''[[optimates]]'') en contra do [[Primeiro Triunvirato]] de [[Marco Licinio Craso]], [[Cneo Pompeio Magno]] e Xulio César. Pompeio asasinara o pai de Bruto no ano [[-77]], durante as proscripcións de [[Lucio Cornelio Sila|Sila]].
Liña 11:
 
== O asasinato de César e as súas consecuencias ==
Conservador por natureza, Bruto nunca tratou de esconder as sus conviccións políticas. Casado coa filla de Catón, a súa prima irmá [[Porcia]] escribiu un texto louvando as cualidades do seu sogro, xa falecido. César estaba moi encariñado con el e respectaba moito as súas opinións. Non obstante, Bruto, como outros moitos senadores, non estaba satisfeito co estado da [[Roma (República) Romana|República]]. Ceśar fora nomeado [[ditador]] perpetuo, e aprobara varias leis que concentraban o poder nas súas mans. Bruto comezou unha conspiración contra Ceśar xunto co seu cuñado e amigo [[Casio|Caio Casio Longino]] e outros senadores. Nos ''idus'' de marzo ([[15 de marzo]] do [[-44]], un grupo de senadores, incluíndo a Bruto, asasinaron a César na ''[[Curia Pompeia]]''. Na obra de [[William Shakespeare]] ''Xulio César'', o ditador dirixe as súas famosas últimas palabras a Bruto: ''Tu quoque, Brute, fili mi'' (Ti tamén, Bruto, fillo meu) ou tamén ''Et tu, Brute'' (e ti tamén, Bruto?). [[Suetonio]] afirma que César dixo, en [[lingua grega|grego]], ''Kai su, teknon''? (Incluso ti, fillo meu?) (''De Vita Caesarum'', Liber I Divus Iulius, LXXXII).
 
Tras o asasinato, demostrouse que a cidade de [[Roma]] estaba contra os conspiradores, xa que a maior parte da poboación amaba a César. [[Marco Antonio]] decidiu aproveitarse da situación e no [[20 de marzo]] falou iradamente dos asasinos no eloxio fúnebre de César. A partir de entón Roma deixou de ver os conspiradores como salvadores da República e foron acusados de traizón. Bruto e os seus compañeiros fuxiron ata Oriente. En [[Atenas]] Bruto dedicouse ao estudo da [[filosofía]] e a obter fondos para financiar un exército para a guerra que se aproximaba. [[César Augusto|Octaviano]] e Marco Antonio marcharon cos seus exércitos contra Bruto e Casio. Ambos os exércitos encontráronse na dobre [[batalla de Filipos]] ([[-42]]). Despois do primeiro encontro, Casio suicidouse, e tras o segundo encontro, xa derrotado, Bruto fuxiu cos restos do seu exército. A piques de ser capturado, Bruto suicidouse tirándose sobre a su espada. Marco Antonio honrou o seu inimigo caído, declarándoo o romano máis nobre. Mentres que outros conspiradores actuaron por envexa e ambición, Bruto creu que actuaba polo ben de Roma.