Efecto barba verde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Green Beard Effect.svg|miniatura|upright|O efecto barba verde é unha forma de selección na que individuos con xenes que producen trazos observables peculiares seleccionan individuos que teñen ese mesmo trazo e, por tanto, o mesmo xene. Nesta ilustración os individuos aparéanse selectivamente con individuos coa mesma cor da cabeza.]]
 
O '''efecto barba verde''' (''green-beard effect'') é unha hipótese utilizada en [[bioloxía evolutiva]] para explicar o [[Altruísmo (bioloxía)|altruísmo]] selectivo entre individuos dunha especie. O comportamento altruísta é paradoxal cando se ve ´á luz das vellas ideas da teoría evolutiva que enfatizaban o papel da competición. A [[evolución]] do altruísmo explícase mellor por medio da [[visión da evolución centrada nos xenes]], que fai unha interpretación da [[selección natural]] desde o punto de vista do [[xene]], o cal actúa como un axente que ten o "obxectivo egoísta" (metaforicamente) de maximizar a súa propia propagación. Un xene para o altruismo (de comportamento) selectivo pode ser favorecido pola selección natural se o altruísmo é dirixido principalmente a outros individuos que comparten ese xene. Como osxenesos xenes son invisibles, ditoefectodito efecto require que aparezan marcadores perceptibles de comportamento altruísta.
 
Un efecto barba verde ocorre cando un [[alelo]], ou un conxunto de alelos [[ligamento xenético|ligados]], produce tres efectos expresados (ou [[fenotipo|fenotípicos]]), que son:
*un trazo perceptible, — a hipotética "barba verde"
*o recoñecemento dese trazo por outros; e
*o tratamento preferente dos individuos conesecon ese trazo.
 
O portador do xene (ou un alelo específico) éren esencialmente a capacidade de recoñecer copias do mesmo xene (ou un alelo específico) noutros individuos. Mentres que a [[selección de parentesco]] implica o altruísmo con individuos relacionados que comparten xenes dun modo non específico, os alelos barba verde promoven o altruísmo cara a individuos que comparten un xene que é expresado por medio dun trazo fenotípico específico. Algúns autores tamén indican que os efectos barba verde poden incluír o rexeitamento dos individuos que carecen do xene "barba verde".<ref>{{cite journal| title=Altruism, Spite, and Greenbeards|author1=West, Stuart A. | author2=Gardner, Andy| journal=Science| volume=327| year=2010| pages=1341–1344|url=http://www.zoo.ox.ac.uk/group/west/pdf/West&Gardner_10.pdf}}</ref> Isto pode ter o efecto de delimitar un conxunto de organismos dentro dunha poboación que se caracteriza porque os seus membros mostran un gran comportamento cooperativo entre eles, formando así un grupiño ou "irmandade" que pode ser vantaxoso para os seus membros que non necesariamente teñen ueque ser parentes.<ref>{{cite journal|author1=Gardner, Andy|author2=West, Stuart A.|year=2010| volume=64| issue=1|doi=10.1111/j.1558-5646.2009.00842.x| pages=25–38| title=Greenbeards| journal=Evolution}}{{open access}}</ref>
 
O efecto barba verde podería incrementar o altruísmo nos fenotipos barba verde e, por tanto, a súa presenza na poboación, mesmo se os xenes axudan ao incremento de xenes que non son copias exactas; todo o que cómpre para o efecto barba verde é que expresen as tres características requiridas. Os alelos barba verde son vulnerables a [[mutación]]s que producen o trazo perceptible pero sen o comportamento colaborador.
 
A idea dun alelo de tipo barba verde foi proposta por [[W. D. Hamilton|William D. Hamilton]] nos seus artigos de 1964,<ref name="pmid5875341">{{cite journal | author = Hamilton WD | title = The genetical evolution of social behaviour. I | journal = [[J Theor Biol]] | volume = 7 | issue = 1 | pages = 1–16 |date=July 1964 | pmid = 5875341 | url = | doi =10.1016/0022-5193(64)90038-4 }}</ref><ref name="pmid5875340">{{cite journal | author = Hamilton WD | title = The genetical evolution of social behaviour. II | journal = [[J Theor Biol]] | volume = 7 | issue = 1 | pages = 17–52 |date=July 1964 | pmid = 5875340 | url = | doi =10.1016/0022-5193(64)90039-6 }}</ref> pero o seu nome de "barba verde" procede dun exemplo que utilizou [[Richard Dawkins]] no seu libro ''[[The Selfish Gene]]'' de 1976 (''"Eu teño unha barba verde e seréserei altruísta con calquera que teña barba verde'').<ref name="TheSelfishGene">{{cite book | author = Dawkins, Richard | title = The Selfish Gene | publisher = Oxford University Press, Oxford |isbn=0-19-217773-7 | year = 1976}}</ref><ref name=Grafen/>
 
== Exemplos ==
[[Ficheiro:BeardGreen.jpg|miniatura|upright|A teoría predí que os portadores do trazo se coportaráncomportarán altruístamente con outros que teñan o mesmo trazo.]]
Os biólogos evolutivos debateron sobre a validez dos xenes barba verde, indicandoque sería extraordinariamente raro que un xene ou un conxunto de xenes ligados producisen tres efectos fenotípicos complexos. Estas críticas levaron a algúns a crer que simplemente non podían existir ou que só poderían presentarse en organismos menos complexos, como os microorganismos. Varios descubrimentos recentes ilustraro a validez desta crítica.