Polinizador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Tipos de polinizadores ==
A vasta maioría dos polinizadores pertence a un do catro grupos maiores de insectos. Estes son: [[Hymenoptera|''Hymenoptera'']] (abellas, avespas e formigas), ''[[Mosca|Diptera]]'' (moscas e mosquitos), [[Lepidoptera|''Lepidoptera'']] (bolboretas e bolboretas nocturnas ou trazas) e [[Coleoptera|''Coleoptera'']] (escaravellos). Algúns insectos pertencentes a outros grupos tamén son polinizadores. Finalmente hai varios [[Aves|paxaros]] e [[mamífero]]s que actúan como polinizadores, especialmente en rexións tropicais e até existe unha especie de lagartixalagarta polinizadora*[http://www.educared.net/primerasnoticias/hemero/2003/nov/natu/lagar/lagar.htm].
 
=== Hymenoptera ===
==== Abellas ====
Os polinizadores máis eficientes son as [[AnthophilaAbella|abellas]] de numerosas especies, en especial a [[abella melífera]] ou abella doméstica. As abellas están altamente adaptadas á polinización porque, a diferenza dos seus parentes as avespas que son carnívoras, as abellas son vexetarianas e dependen das flores para alimentar ás súas crías. Á súa vez numerosas flores están adaptadas ás visitas das abellas no seu aroma, cor, deseño etc. É un caso de [[coevolución]].
 
Son de notar as seguintes adaptacións:
Liña 16:
 
===== Equipo para colección de pole =====
Unas poucas especies de abellas máis primitivas carrexan o pole, mesturado con néctar no buche. Pero as demais abellas ten órganos especializados. A [[scopaescopa]] é un cepillo que consiste de abundantes cogomelos longos. Na maioría das especies as scopas están localizados nas patas posteriores, pero nas abellas da familia [[Megachilidae|''Megachilidae'']] atópanse na parte ventral do [[abdome (artrópodos)|abdome]]. As abellas domésticas, os [[abellón]]s e outras abellas relacionadas a estas, da familia [[Apidae|''Apidae'']] posúen órganos máis especializados que as scopas, chamados [[corbícula]]s (ou canastras de pole) nas patas posteriores. Ademais de pole as abellas cultivan [[néctar (botánica)|néctar]], que é un alimento altamente enerxético polo seu contido en azucre. O pole, en cambio é rico en proteínas e unha boa fonte de nutrición para as larvas.
 
===== Aparello bucal =====
Liña 22:
 
===== Órganos dos sentidos =====
Os órganos visuais e do olfacto das abellas están adaptados a atopar e identificar ás flores polos seus perfumes, cores e deseños. As [[Antena (anatomíaartrópodos)|antenas]] son órganos olfatorios. Os [[ollo composto|ollos]] perciben a luz ultravioleta e moitas flores teñen deseños que só son visibles con este tipo de visión.
 
A maioría das especies de abellas son solitarias, é dicir, cada femia coida ás súas propias crías. Só unas poucas especies viven en colonias ou [[colmea]]s e teñen numerosas [[obreira]]s que comparten as tarefas. Son as abellas [[eusocial|eusociais]]; o mellor exemplo delas é a abella melífera. As abellas eusociais necesitan grandes cantidades de néctar e pole; visitan numerosas flores, por iso son polinizadores moi eficientes.
Algunhas especies de abellas poden recadar néctar e pole de gran variedade de flores; outras son bastante específicas nas súas preferencias por pole, son oligolécticas.
 
Os machos das abellas das orquídeas ou [[Euglossini|''Euglosinas'']] coleccionan aromas florais que usan para atraer ás femias e, desta maneira, polinizan certas especies de orquídeas. As femias deste grupo polinizan outras flores da forma habitual.
Outro exemplo de coadaptación especial é o das orquídeas ''[[Ophrys]]'' de Europa e os machos de certas especies de abellas (ou de avespas). A flor presenta a aparencia e un aroma semellante ás [[feromona]]s das femias de tales especies de abellas (mimentismo) e os machos tratan de aparearse con elas.
 
==== Avespas ====
[[Ficheiro:5A047606w.jpg|miniatura|esquerda|''Ancistrocerus antilope'']]
A diferenza das abellas, as larvas de avispas aliméntanse principalmente de insectos ou arañas. Con todo os membros deste grupo tamén visitan numerosas flores para libar o néctar polo seu valor enerxético. Este é un grupo con numerosas especies que inclúe ás avespas parasíticas e as verdadeiras avespas tales como as das familias [[Sphecidae|''Sphecidae'']] e [[Vespidae|''Vespidae'']].
Algúns exemplos de especializada coadaptación son as avespas que visitan ás orquídeas ''Ophris'', xa mencionadas. Outro exemplo é o das [[Agaonidae|avrspasavespas dos figos]]. Este é un caso moi particular no que a avespa femia penetra o pequeno figo, en cuxo interior se atopan numerosas e diminutas flores. Pon os seus ovos nalgunhas das futuras sementes e visita as outras depositando o pole que trouxo do figo onde naceu.
 
==== Formigas ====
As [[formiga]]s viven en colonias, é dicir que son insectos [[eusocialEusocialidade|sociais]]; visitan flores frecuentemente e chuchan o néctar. Con todo moi poucas son polinizadoras; as obreiras non teñen ás así que non chegan lonxe e raramente visitan diferentes plantas; só no caso dalgunhas plantas rastreiras, por exemplo ''[[Euphorbia]]'', poden efectuar a polinización cruzada.
 
=== Diptera ===
[[Ficheiro:Eristalinus February 2008-1.jpg|miniatura|Mosca das flores ''Eristalinus aeneus'']]
Hai moitas moscas ou dípteros que son polinizadores, en especial as moscas das flores, da familia [[Syrphidae|''Syrphidae'']]. Visitan flores de corola aberta principalmente polo néctar, pero tamén polo pole, especialmente as femias que necesitan proteína para a maduración dos seus ovos. Non están tan ben adaptadas á polinización como as abellas, non son tan vellosas nin teñen órganos para transporte de pole, pero nalgúns casos efectúan a polinización.
 
[[Ficheiro:Bombylius-major.jpg|miniatura|esquerda|''Bombylius major'']]
As moscas das familias [[Empididae|''Empididae'']] e [[Bombyliidae|''Bombyliidae'']] (especialmente estas últimas) teñen unha longa probóscide que lles permite chegar ao néctar de flores tubulares, profundas e son polinizadores importantes de tales flores.
 
Certas plantas están exclusivamente adaptadas á polinización por moscas. Atráenas con engano, teñen cheiros e cor e aparencia de carne podrecida e as moscas carroñeiras ou [[Sarcophagidae|moscas da carne]] depositan os seus ovos alí. Outras flores cheiran como fungos e atraen a outro tipo de moscas. As flores do [[cacao]] son polinizadas por unhas pequenas moscas da familia [[Ceratopogonidae|''Ceratopogonidae'']].
 
=== Lepidoptera ===
[[Ficheiro:Butterfly October 2007-4.jpg|miniatura|Bolboreta pieridae ''Colias'' sp.]]
Moitos Lepidópteroslepidópteros, ou sexa as bolboretas, bolboretas nocturnas e trazas, tamén son polinizadores. En xeral, as flores polinizadas por lepidópteros son tubulares, adaptadas ao aparello bucal das mesmas. Os seus órganos bucais forman un longo tubo especializado para libar o néctar das flores, os adultos non poden comer sólidos. Só unas poucas especies de bolboretas poden tamén alimentarse con pole, e iso soamente despois de disolver os seus nutrientes co néctar e absorbelos como líquidos. Algunhas bolboretas diúrnas polinizan flores de plantas tales como o chuchamel (''[[Lonicera]]'') e as lilas (''[[Lila (planta)|Syringa]]'').
 
[[Ficheiro:SPHINX_EN_VOL.JPG|miniatura|esquerda|''[[Hemaris]] fuciformis'']]
As bolboretas nocturnas polinizan flores que se abren de noite ou á tardiña ou amencer como algunhas das familias [[Convolvulaceae]] e [[Caryophyllaceae]]. As familias de bolboretas nocturnas [[Noctuidae|''Noctuidae'']], [[Geometridae|''Geometridae'']] e [[Sphingidae|''Sphingidae'']] conteñen moitas especies de polinizadores.
 
Un caso interesante de polinización por [[traza]]s é o da [[Yucca|iuca]] e da traza ''[[Tegeticula]]'' da familia [[Prodoxidae|''Prodoxidae'']]. As iucas son polinizadas especificamente por especies destas polillascouzas que depositan os seus ovos no ovario da flor e logo visitan o pistilo e depositan pole, asegurando así a formación de sementes que alimentarán ás súas crías.
 
=== Coleoptera ===
Liña 62:
 
=== Outros insectos ===
Outros grupos de insectos, por exemplo [[Thysanoptera|''Thysanoptera'']], tamén polinizan flores, pero fano moi raramente.
 
=== Aves ===
[[Ficheiro:Phaethornis longirostris.jpg|miniatura|''Phaethornis longirostris'', Drake Bay, Costa Rica]]
Entre os paxaros, os polinizadores máis comúns, especialmente na América tropical, son os [[TrochilinaeColibrí|colibríescolibrís]] ou picaflores cuxos picos e linguas están adaptados a beber o néctar de flores tubulares ou en forma de trompeta.
 
Os [[Meliphagidae|melífagos]] de Australia e Nova Zelandia e os [[Nectariniidae|paxaros sol]] de África tamén son polinizadores.