Enerxía nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón
Liña 85:
'''Desventaxes'''
 
Ademais de producir unha gran cantidade de enerxía eléctrica, tamén produce residuos nucleares que hai que alberxar en depósitos illados e controlados durante longo tempo. As emisións contaminantes indirectas derivadas da construción das centrais nucleares, da fabricación do combustible e da xestión posterior dos residuos radiactivosradioactivos son moi perigosas e poderían chegar a ter unha gran repercusión no medio ambiente e nos seres vivos se son liberados ou vertidos á atmosfera, chegando ata a producir a morte, e condenar ás xeracións vindeiras con mutacións.
 
Estes residuos tardan séculos en descompoñerse e polo que o seu almacenamento debe asegurar protección e que non contaminen durante todo este tempo. Un dos procedementos máis utilizados é o seu almacenamiento en contedores cerámicos, pero agora estase propoñendo o seu almacenamento en covas profundas, os chamados almacenamentos xeolóxicos profundos (AGP) onde o obxectivo final é que queden enterrados con seguridade durante varios miles de anos aínda que isto non pode garantirse.
 
Os residuos máis perigosos xerados na fisión nuclear son as barras de combustible, nas que se xeran isótopos que poden permanecer radiactivosradioactivos ao longo de miles de anos como o curio, o neptunio ou o americio. Tamén se xeran residuos de alta actividade que deben ser vixiados, pero que duran poucos anos e poden ser controlados.
 
Outra gran preocupación é que rouben estes residuos e os utilicen como combustible para bombas atómicas ou armas nucleares, xa que nos seus inicios a enerxía nuclear utilizouse para fins bélicos. Por iso estas instalacións posúen niveis de seguridade máis elevados que o resto de instalacións industriais.