André Vesalio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
'''André Vesalio''', en [[lingua galega|galego]], ou '''Andreas Vesalius''', na súa forma [[latín|latinizada]], son os nomes cos que se coñece habitualmente a '''Andries van Wesel''', nado en [[Bruxelas]] o [[31 de decembro]] de [[1514]] e finado en [[Zante]], actual [[Grecia]] o [[15 de outubro]] de [[1564]], foi un anatomista [[Flandres|flamengo]] do [[Renacemento]], autor dun dos libros máis influentes sobre [[anatomía humana]], ''De humani corporis fabrica'' (''Sobre a estrutura do corpo humano'').
 
Baseando os seus estudos anatómicos na observación directa, desbotou algúns graves erros presentes na obra de [[Galeno]], polo que está considerado como o fundador da [[anatomía]] moderna.
Liña 6:
Naceu en [[Bruxelas]], capital de [[Flandres]] que daquela formaba parte do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], nunha familia de médicos. Seu pai, Moisés Coprima, era fillo ilexítimo do médico real do emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], Everard Van Wesel. O seu pai animouno a seguir a tradición familiar, e o inscribiu na ''Escola dos Irmáns da Vida Común'', en Bruxelas, onde Vesalio aprendeu [[lingua grega|grego]] e [[latín]].
 
André serviu tamén a Maximiliano, como [[boticario]], e despois ao seu neto [[Carlos I de España|Carlos V]] como ''valet de chambre''.
 
En [[1528]] Vesalio ingresou na [[Universidade de Lovaina]] (''Pedagogium Castrensis'') como estudante de [[arte]]s, pero cando o seu pai foi nomeado ''valet de chambre'', en [[1532]], preferiu seguir estudos de [[medicina]] na universidade de [[París]], cidade á que se trasladou en [[1533]]. Alí estudou as teorías de Galeno baixo a dirección de [[Jacques Dubois]] (Jacobus Sylvius) e de [[Jean Fernel]]. Foi nesta época cando empezou a interesarse pola anatomía. Para mellorar os seus coñecementos sobre [[osteoloxía]] províase de ósos no ''Cemiterio dos Inocentes''.
 
Viuse obrigado a abandonar París en [[1536]] a causa da guerra entre [[Francia]] e o Sacro Imperio, regresando a Lovaina. Alí completou os seus estudos baixo a dirección de [[Johannes Winter von Andernach]], graduándose ao ano seguinte. A súa tese, ''Paraphrasis in nonum librum Rhazae medici arabis clariss ad regem Almansorum de affectum singularum corporis partium curatione'', foi un comentario sobre o libro noveno de [[Rhazes]], un médico árabe do [[século X]]. Permaneceu en Lovaina pouco tempo, a causa dunha disputa co seu mestre, instalándose durante un tempo en [[Venecia]] e, en [[1536]], trasladouse á universidade de [[Padua]] (''Universitas aristarum''), onde se doutorou en [[1537]].
 
Inmediatamente despois da súa graduación lle ofreceron o posto de ''explicator chirurgiae'', equivalente a unha cátedra de Cirurxía e Anatomía, na mesma universidade. Impartiu tamén leccións nas universidades de [[Boloña]] e de [[Pisa]].
 
O seu método de ensinanza era revolucionario. Tradicionalmente o profesor ensinaba lendo os textos clásicos (principalmente a obra de Galeno) e a súa exposición era seguida pola disección dun animal, realizada por un [[cirurxián-barbeiro]] baixo a dirección do profesor. Vesalio, en cambio, converteu a disección na parte máis importante da clase, levándoa a cabo por si mesmo, rodeado polos seus alumnos. Para Vesalio, a observación directa era a única fonte fiábel, o que supoñía unha importante ruptura coa práctica medieval, baseada fundamentalmente nos textos.
 
Recompilou os seus debuxos de anatomía, para uso dos seus estudantes, en táboas anatómicas ilustradas. Cando descubriu que algúns deles estaban sendo copiados, publicounos en [[1538]] co título de ''Tabulae Anatomicae Sex'' (Venecia, 1538). As tres láminas osteolóxicas foron realizadas por Kalkar, a instancias súas; as tres relativas ás vísceras ([[fígado]], [[vea porta]] e xenitais; fígado e [[vea cava]]; [[corazón]] e [[aorta]]) realizounas el mesmo. En [[1539]] publicou tamén unha versión actualizada do [[vademécum]] anatómico de Galeno, ''Institutiones Anatomicae''. Cando esta obra chegou a París, un dos seus antigos profesores publicou un ataque contra ela.
 
En [[1538]] publicou unha obra sobre a [[flebotomía]] ou [[sangría (medicina)|sangría]], que era na época un tratamento que se aplicaba a case calquera enfermidade. Existía un debate acerca de cal era o lugar máis adecuado para a extracción de sangue. O procedemento defendido por Galeno consistía en extraer o sangue dun punto próximo ao da localización da doenza. Sen embargo, a práctica musulmá e medieval prescribía extraer menor cantidade de sangue dun punto máis distante. A obra de Vesalio apoiaba a opinión de Galeno, e apoiaba os seus argumentos en diagramas anatómicos.
 
En [[1539]] un xuíz de Padua, interesado polos traballos de Vesalio, fixo que se lle facilitasen os cadáveres dos criminais executados, para a súa disección (práctica, daquela, prohibida). Isto permitiulle mellorar os seus diagramas anatómicos.
 
En [[1541]], mentres estaba en Boloña, Vesalio descubriu que as investigacións de Galeno estaban baseadas na disección de animais, e non de seres humanos. Como a disección humana tiña estado prohibida na [[Roma antiga|antiga Roma]], Galeno diseccionara no seu lugar [[Macaca sylvanus|monos de Berbería]] (''Macaca sylvanus''), crendo que serían anatomicamente similares ao ser humano. Vesalio, apoiándose nas súas propias observacións, publicou unha corrección das ''Opera omnia'' de Galeno, e comezou a escribir o seu propio texto de anatomía.
Liña 32:
A obra destaca a importancia da disección e do que en adiante se chamou a visión "anatómica" do corpo humano. O termo que utilizou para titular o seu libro, "Fabrica", ten connotacións [[arquitectura|arquitectónicas]]. Na súa descrición parte dos ósos, ligamentos e músculos, que fundamentan a estrutura corporal, para pasar a estudar logo os sistemas conectivos ou unitivos (vasos sanguíneos e nervios) e os sistemas que impulsan a vida. Dos sete libros de que consta a obra, o primeiro trata dos [[óso]]s e [[cartilaxe]]s; o segundo dos [[músculo]]s e [[ligamento]]s; no terceiro descríbense as [[vea]]s e [[arteria]]s; no cuarto, os [[nervio]]s; no quinto, os aparellos dixestivo e reprodutor; no sexto, o corazón e os órganos que o auxilian, como os [[pulmón]]s; o sétimo e último está dedicado ao [[sistema nervioso|sistema nervioso central]] e aos órganos dos sentidos. O seu modelo anatómico contrasta poderosamente cos vixentes no pasado.
 
Ademais de realizar a primeira descrición válida do [[esfenoide]], demostrou que o [[esterno]] consta de tres partes e o [[sacro]] de cinco ou seis; e describiu coidadosamente o vestíbulo do [[oído]] no interior do óso [[temporal (óso)|temporal]]. Verificou as observacións de Etienne acerca das válvulas nas veas hepáticas, describiu a [[vea ácigos]], e descubriu no feto a canle que comunica a vea umbilical e a vea cava inferior, chamado desde entón ''[[ductus venosus]]''. Describiu tamén o [[omento]], e as súas conexións co [[estómago]], o [[bazo]] e o [[colon]]; ofreceu as primeiras nocións correctas sobre a estrutura do [[píloro]]; e observou o pequeno tamaño do [[apéndice vermiforme]] nos homes; deu as primeiras descricións válidas do [[mediastino]] e a [[pleura]], e a explicación máis correcta da anatomía do [[cerebro]] realizada até aquela data.
 
=== Médico imperial e real ===
Liña 39:
Durante os doce anos seguintes Vesalio viaxou coa corte, tratando feridas de guerra e de torneos, realizando operacións cirúrxicas e autopsias, e escribindo cartas privadas acerca de cuestións médicas específicas. Durante esta época escribiu tamén a súa obra ''Radicis Chynae'', un texto curto acerca das propiedades dunha planta medicinal, a ''raíz de China'' unha especie de zarzaparrilla, no que se defendeu ademais das acusacións dos partidarios de Galeno. Recibiu numerosos ataques.
 
Tras a abdicación de Carlos V, continuou exercendo como médico na corte de Filipe II, quen o recompensou cunha pensión vitalicia e o nomeamento de conde palatino. En [[1562]] practicoulle unha trepanación ao [[Príncipe Carlos de Habsburgo]]. En [[1555]] publicou unha edición revisada do seu ''De Corporis''.
 
=== Morte ===
Liña 55:
* Saunders, J. B. de C. M. & O'Malley, Charles D. (1973): ''The Illustrations from the Works of Andreas Vesalius of Brussels''. New York: Dover.
* Vesalius, Andreas (1998-2009): ''On the Fabric of the Human Body'', tradución ao inglés por W. F. Richardson e J. B. Carman. 5 vols. San Francisco and Novato: Norman Publishing.
* Williams, Trevor, ed. (1982): "Vesalius" in ''A Biographical Dictionary of Scientists''. 3ª ed. New York: John Wiley and Sons.
 
=== Ligazóns externas ===
Liña 62:
* [http://www.bium.univ-paris5.fr/histmed/medica/vesale.htm#vonseng André Vésale / Andreas Vesalius] {{fr}}.
 
{{ORDENAR:Vesalio, Andre}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Vesalio, Andre}}
[[Categoría:Historia da medicina]]
[[Categoría:Nados en 1514]]