Mosteiro de San Xulián de Samos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 7:
 
== Historia ==
A súa fundación atribúeselle a [[Martiño de Dumio]]. Sábese que foi renovado por [[Froitoso de Braga]] no [[século VII]], mais o primeiro escrito que o menciona é do ano [[665]]: unha inscrición nos muros do claustro da portaría que di que foi reconstruído polo bispo de Lugo [[Ermefredo]]. Despois desta restauración foi abandonado coa [[invasión musulmá]], até a reconquista do rei [[Fruela I]] das Asturias (arredor do [[760]]). Cando, anos máis tarde, este foi asasinado, atoparon refuxio nel a súa viúva e o seu fillo, o futuro [[Afonso II de Asturias|Afonso II, o Casto]]. Gañou con isto a protección real, comezando polas propiedades en media milla á redonda, que propiciaría o seu crecemento. A comezos do [[século X]], o bispo de Lugo, [[don Ero]], tentou facerse co seu control e expulsou os monxes. No mesmo século foi reocupado a instancias do rei [[Ordoño II]] e desde [[960]] a comunidade viviu baixo a [[regra de San Bieito]], aínda que no [[século XII]] sumouse á [[Orde de Cluny|reforma cluniacense]] co bispo [[don Xoán]].
 
O mosteiro de Samos desfrutou de grande importancia durante a [[Idade Media]], o que se reflicte en que posuía duascentas vilas e quiñentos lugares. En [[1558]], incorporado xa a San Benito El Real de [[Valladolid]], sufriu un incendio que obrigou á súa total reedificación. A comunidade foi [[exclaustración|exclaustrada]] en [[1835]], aínda que os monxes beneditinos regresaron en [[1880]]. Sufriu outro incendio en [[1951]], tras o que foi reconstruído.