Vermudo II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 15:
 
== Insurrección leonesa ==
Toda Galicia recoñecía a Vermudo, pero os Beni Gómez, condes de [[Saldaña]], descoñecían a súa autoridade en terras leonesas. Gómez García e García Gómez eran avós e tío do fillo de Ramiro III, Ordoño Ramírez, e mantiveron en pé os seus dereitos. Nas estadías de Vermudo II en Galicia encontrouse cos señores rebeldes propagando a falsa noticia da súa morte e enseñorándose de León nos anos [[989]] e [[990]]. O nobre Conancio gobernou a teórica capital do reino en franco desafío ao rei galaico-leonés. Vermudo II volveu dende Galicia e conseguiu expulsar a Conancio, confiscándolle os seus bens.
 
No ano [[991]], volveron os nobres leoneses a facerse coa cidade, apoderándose do tesouro real e, coa axuda dos musulmáns, obrigaron a Vermudo a refuxiarse en Galicia, onde mantiña o seu poder intacto.
Liña 25:
 
== Pervivencia da súa liñaxe ==
Sosténdose na nobreza galega, busca apoios tamén na castelá. Casa coa filla do [[Condado de Castela|conde de Castela]], Elvira García, e confía a educación do seu fillo ao conde galego [[Mendo Gundisalviz]]. Este será o dono da situación á morte de Vermudo no ano 999, e defenderá con éxito os dereitos do seu protexido [[Afonso V o Nobre|Afonso V]] o devandito fillo de Vermudo II.
 
A morte lévao no ano 999 estando no [[Bierzo]]. Os seus restos consérvanse na catedral de León.