Antioquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
Liña 42:
Antioquía ocupa un importante lugar na [[historia do cristianismo]]. Foi nesta cidade onde [[Paulo de Tarso|Paulo]] predicou o seu primeiro sermón [[Cristianismo|cristián]] nunha sinagoga e onde os seguidores de [[Xesús de Nazaret|Xesús]] foron chamados ''cristiáns'' por primeira vez (''[[Feitos dos Apóstolos]]'' 11,26). Ao expandirse o cristianismo, Antioquía foi unha das sedes dos catro patriarcados orixinais, xunto con [[Xerusalén]], [[Alexandría]] e [[Roma]].
 
Antioquía foi chamada a Raíña de Oriente, situada sobre o camiño entre Oriente e Occidente e como tal un importante centro de comercio. Durante moitos séculos foi unha das principais cidades do [[Imperio Romano]], cunha poboación de medio millón de habitantes. O emperador [[Aureliano]] erixiu varias estruturas públicas monumentais e logo [[Constancio II]] construíu unha catedral octogonal, a cal foi destruída nun terremoto no ano [[526]]. Os [[Imperio Sasánida|persas]] capturaron a cidade no [[540]]. Os [[Imperio Bizantino|bizantinos]] recuperaron Antioquía, pero finalmente sucumbiu ante os [[Musulmán|musulmánsmusulmán]]s no [[636]].
 
A cidade ('''انتاكيّة''', '''Antākiyyah''' en [[Lingua árabe|árabe]]) permaneceu baixo control árabe ata [[969]], cando foi recuperada polo emperador bizantino [[Nicéforo II]] Focas. A cidade caeu novamente en [[1085]]; esta vez, a mans dos turcos [[Dinastía Selyúcida|selyúcidas]]. Trinta anos despois foi conquistada polos [[Cruzada|cruzados]] durante a [[Primeira Cruzada]] e converteuse en capital do [[Principado de Antioquía]]. A maior parte dos séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIII|XIII]] estivo baixo os cruzados, ata que foi capturada polo sultán [[mameluco]] [[Baibars]] en [[1268]]. Este destruíu a cidade de tal xeito que nunca máis volveu ser unha cidade importante.