Halmahera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 23:
| [[Poboación]] (1995) || 162.728 hab.
|-
| [[Superficie]] || 17.780  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Halmahera.gif|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
 
'''Halmahera''' ou '''Gilolo''' é a maior illa do arquipélago das [[Molucas]]. É parte da provincia [[indonesia]] de [[Molucas do Norte]].
 
A superficie de Halmahera é de 17.780 [[quilómetro cadrado|km²]]. A poboación en 1995 era de 162.728 habitantes. O 60% da poboación é [[Islam|musulmá]], e o restante 40% [[Cristianismo|cristiá]].
 
== Historia ==
 
[[Ficheiro:Natives of Halmahera Island.jpg| left | thumb | Un nativo da illa de Halmahera.]]
 
A historia de Halmahera está enlazada á historia das próximas illas de [[Ternate]] e [[Tidore]], ambas moito máis pequenas e situadas na súa costa occidental.
Estas illas foron a base dos reinos máis importantes na época de antes de que a [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] [[colonialismo|colonizara]] todo o arquipélago.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], houbo unha base militar [[Xapón|xaponesa]] en Kao Bay.
 
Entre 1999 e 2000 Halmahera foi o lugar de actos de violencia entre cristiáns e musulmáns, que comezaron como unha disputa puramente étnica entre os residentes de [[Kao]], principalmente cristiáns e [[Malifut]], totalmente musulmá, que logo adquiriu un carácter relixioso, segundo estendíase por gran parte das Molucas do Norte. Miles de persoas de Halmahera morreron nos combates entre as milicias relixiosas, incluíndo grupos como [[Laskar Jihad]] e a FPI [[Fronte Defensores Islámicos]] que chegaron de Xava en grandes cantidades. En xuño de 2000, ao redor de cincocentas persoas morreron cando un [[ferry]] cos [[refuxiados]] da loita en Halmahera afundiuse fronte á punta nordés das illas [[Célebes]]. Abundan teorías de conspiración sobre este suceso. Un monumento de esta traxedia pódese atopar na aldea de Duma no norte do distrito de Halmahera.