Física moderna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 20 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q658544
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
A '''física moderna''' comeza a principios [[século XX]], cando o [[alemaña|alemán]] [[Max Planck]], investiga sobre o "cuanto" de enerxía, Planck dicía que eran partículas de enerxía indivisibles, e que estas non eran continuas como o dicía a física clásica, por iso nace esta nova póla da física que estuda as manifestacións que se producen nos átomos, os comportamentos das partículas que forman a materia e as forzas que as rexen. (Tamén se lle chama física cuántica).
 
Nos temas anteriormente tratados, a física clásica non servía para resolver os problemas presentados, xa que estes baseábanse en certezas e a física moderna en probabilidades, o cal lle costou adaptarse aos físicos da época.
 
En [[1905]], [[Albert Einstein]], publicou unha serie de traballos que revolucionaron a física
daquel entón, que trataban de "A dualidade onda-partícula da luz", "A teoría da relatividade" entre outros, ademais, anos máis tarde descóbrese por medio de telescopios a existencia doutras galaxias, a superconductividade, o estudo do núcleo do átomo, e outros, logran que anos máis tarde, xurdisen avances tecnolóxicos, como a invención do [[televisor]], os [[raios X]], o [[radar]], a [[fibra óptica]], o [[computador]] etc.
 
A misión final da física actual, é comprender a relación que existe entre as forzas que rexen a natureza: a gravidade, o electromagnetismo, a enerxía nuclear forte e a nuclear feble. Comprender e lograr unha teoría de unificación, para así poder entender o universo e as súas partículas.
 
Case todo o suscitado no [[século XIX]], foi posto en dúbida e ao final foi remprazado durante o [[século XX]], deste mesmo xeito pode acontecer actualmente ao existiren investigacións máis complexas, e novos coñecementos que se irán adquirindo ao longo do presente século.
 
En si, encárgase dos fenómenos que se producen á velocidade da luz ou valores próximos a ela ou cuxas escalas espaciais son da orde do tamaño do [[átomo]] ou inferiores.
 
[[Categoría:Física]]