Aleixo I Comneno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Alexius I.jpg|miniatura|Aleixo I Comneno]]
'''Aleixo I Comneno''', nado en [[1048]] e finado o [[15 de agosto]] de [[1118]], foi o [[Emperadores bizantinos|emperador]] [[Imperio Bizantino|bizantino]] entre [[1081]] e [[1118]].
 
Foi o terceiro fillo de [[Xoán Comneno]], sobriño á súa vez de [[Isaac I Comneno]], emperador entre 1057 e 1059. O pai de Aleixo rexeitou o trono cando Isaac abdicou, e entre 1059 e 1081 reinaron catro emperadores pertencentes a dinastías diferentes. Durante o reinado dun deles, [[Romano IV Dióxenes]] (1067-1071), Aleixo serviu con honores no exército combatendo contra os [[Imperio Seléucida|seléucidas]]. Posteriormente, baixo [[Miguel VII Ducas|Miguel VII]] '''''Parapinaces''''' (1071-1078) e [[Nicéforo III]] '''''Botaniates''''' (1078-1081), combateu, xunto co seu irmán maior, Isaac, aos rebeldes en [[Asia Menor]], [[Tracia]] e [[Epiro]].
 
Os éxitos dos Comnenos provocaron os celos de '''''Botaniates''''' e os seus ministros. Os irmáns tomaron as armas contra o emperador, e entraron en Constantinopla. Botaniates foi forzado a abdicar e recluído no mosteiro de Peribleptos. Isaac renunciou á coroa en beneficio do seu irmán, e Aleixo foi coroado solemnemente polo [[patriarca de Constantinopla]] Cosme Hierosolimites o [[4 de abril]] de [[1081]], á idade de 33 anos.
Liña 8:
Aleixo era por entón amante da emperatriz [[María Bagrationi]], filla do rei [[Bagrat IV]] de [[Xeorxia]], que fora esposa primeiro de [[Miguel VII Ducas]] e logo de Botaniates, e era famosa pola súa beleza. Aleixo e María non disimulaban a súa relación, e vivían xuntos no Palacio de Mangana. O novo fillo de María con Miguel VII, o príncipe Constantino Ducas, foi adoptado por Aleixo e proclamado o seu herdeiro. Isto procurou a Aleixo certa lexitimidade dinástica, pero pronto a nai do emperador, Anna Dalassena, consolidaría a conexión coa familia Ducas arranxando a voda do seu fillo con [[Irene Ducas]], neta do césar Xoán Ducas, cabeza da poderosa familia feudal e principal valedor do antigo emperador Miguel VII.
 
A relación de Aleixo con María continuou, con todo. Pouco logo do seu nacemento, a primeira filla de Aleixo e Irene, [[Ana Comnena]], foi prometida en matrimonio ao herdeiro Constantino Ducas, e trasladouse a vivir ao Palacio Mangana, cos dous amantes. No entanto a situación cambiou drasticamente cando Irene tivo un fillo neno, [[Xoán II Comneno|Xoán]]: desfíxose o compromiso matrimonial entre Ana e Constantino, quen perdeu a súa condición de herdeiro imperial; a princesa foi levada ao palacio principal para vivir xunto á súa nai e a súa avoa e Aleixo rompeu a súa relación con María. Pouco tempo despois morreu o xove Constantino, e María foi recluída nun convento.
 
O longo reinado de Aleixo I Comneno (preto de 37 anos) estivo cheo de problemas. Nos seus inicios, tivo que afrontar o ataque dos [[normandos]] [[Roberto Guiscardo]] e o seu fillo [[Bohemundo I de Antioquía|Bohemundo]], quen conquistaron [[Durrës|Dyrrhachium]] e [[Corfú]], e puxeron sitio a [[Larissa]], en [[Tesalia]]. O perigo normando foi providencialmente conxurado pola morte de Roberto Guiscardo en 1085, e os territorios perdidos foron recuperados polo Imperio.
Liña 14:
Posteriormente viuse obrigado a repeler en [[Tracia]] as invasións dos [[pechenegos]] e os [[cumanos]], con quen fixeran causa común os [[bogomilos]], seita [[maniqueísmo|maniquea]]. En terceiro lugar, debeu enfrontarse ao crecente poder dos seléucidas]]s en Asia Menor.
 
A crise máis difícil que tivo que afrontar Aleixo foi a causada pola chegada dos cabaleiros da [[Primeira Cruzada]], organizada a consecuencia da petición dos seus propios embaixadores ante o papa [[Urbano II, Papa|Urbano II]] no [[Concilio de Piacenza]] de [[1095]].
 
Pero Aleixo pedira simplemente forzas mercenarias para combater aos infieis, e non as inmensas hostes que empezaron a chegar. O primeiro continxente de cruzados, guiado por [[Pedro o Ermitán]], foi habilmente desviado por Aleixo cara a Asia Menor, onde foi masacrado polos turcos en 1096. O segundo continxente era unha forza moito máis organizada, e estaba conducido por [[Godofredo de Bouillon]]. Aleixo enviounos tamén a Asia, comprometéndose mediante xuramento a auxilialos en caso de necesidade. Os cruzados recobraron para o Imperio Bizantino varias cidades e illas, como [[Nicea]], [[Quíos]], [[Rodas]], [[Esmirna]], [[Éfeso]], [[Filadelfia (Alasehir)|Filadelfia]], [[Sardis]], e a práctica totalidade de Asia Menor.
 
A habilidade de Aleixo cos cruzados é considerada pola súa filla, a historiadora Ana Comnena, un exemplo de diplomacia, en tanto que os historiadores occidentais que relatan os feitos da Primeira Cruzada consideran ao emperador un exemplo de falsidade e traizón. Os cruzados creron que quebrantara o seu xuramento ao non habelos axudado durante o [[asedio de Antioquía]]; Bohemundo, autoproclamado príncipe de Antioquía, declarou a guerra ao emperador, pero terminou por aceptar converterse no seu vasalo no [[tratado de Devol]], en [[1108]].
 
Durante os últimos vinte anos da súa vida, perdeu gran parte da súa popularidade. Estes anos estiveron marcados pola persecución dos herexes paulicianos e bogomilos -unha das súas últimas decisións foi a de queimar a Basilio o Médico, líder dos bogomilos, co que mantivera unha controversia teolóxica-, así como por novos enfrontamentos cos turcos (1110-1117). Ademais, desatáronse intrigas por sucedelo: a súa esposa, [[Irene Ducas]], e a súa filla [[Ana Comnena|Ana]] conspiraron para que nomease sucesor ao marido de Ana, Nicéforo Brienio.
 
A nai de Aleixo, [[Anna Dalassena]], política sabia e inmensamente capaz, tivo unha gran influencia sobre o seu fillo. Foi coroada como Emperatriz Augusta en lugar da súa nora Irene, a quen correspondía lexitimamente o título. Dalassena foi a verdadeira administradora do Imperio durante as longas ausencias do seu fillo para realizar campañas militares, tivo varios enfrontamentos coa súa nora e asumiu a responsabilidade sobre a educación da súa neta, Ana Comnena.