Arthur Wellesley, duque de Wellington: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Francisco de Goya y Lucientes 073.jpg|dereita|250 px|miniatura|Arthur Wellesley por [[Francisco de Goya]] (1812).]]
 
'''Arthur Wellesley''', 1º '''Duque de Wellington''', nado en [[Dublín]] o [[1 de maio]] de [[1769]] e finado no [[castelo de Walmer]], en [[Kent, Inglaterra|Kent]] ([[Inglaterra]]), o [[14 de setembro]] de [[1852]], foi un militar do exército británico e mais un estadista. Está considerado unha das figuras militares e políticas máis prominentes da primeira metade do [[século XIX]]. Xogou un salientábel papel durante as [[guerras napoleónicas]], chegando a atinxir o grao de [[mariscal de campo]]. A súa fama provén en boa medida de ser o home que derrotou a [[Napoleón]] na [[Batalla de Waterloo]] en [[1815]].
 
Wellington é comparado con frecuencia co [[John Churchill, Duque de Marlborough|duque de Marlborough]], con quen comparte numerosos riscos, especialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos [[tory|conservadores]], e ademais exerceu como figura destacábel na [[Cámara dos Lores]] até o seu retiro en [[1846]].
 
== Traxectoria ==
Arthur Wellesley era o terceiro fillo de Garret Wesley, 1º conde de Mornington. Cóidase que naceu, ben en [[Dublín]], ben nas posesión familiares do condado de [[Meath]], [[Irlanda]], daquela posesión británica. A data do seu nacemento non se coñece con certeza: aínda que el celebraba o 1 de maio, corresponde ao rexistro parroquial, e o normal era bautizar varios días despois do natalicio. O seu nome orixinal, Arthur Wesley foi cambiado legalmente en marzo de [[1798]].
 
Wellesley estudou en [[Eton]] de [[1781]] a [[1785]], e máis tarde foi enviado a [[Bruxelas]] para completar a súa educación. En [[1787]], seu pai comproulle un emprego de alférez no rexemento de infantería 73º. Logo dun primeiro período de instrución no [[Reino Unido]], ingresou na escola militar de [[Angers]], en [[Francia]].
 
De [[1787]] a [[1793]], foi axudante de campo de dous sucesivos Lord Lieutenant de Irlanda. En 1788 foi ascendido a [[tenente]]. En [[1790]], foi elixido deputado (independente) de [[Trim]], na [[Cámara dos Comúns de Irlanda]], posto que conservou até [[1797]].
 
Progresou rapidamente no exército —en boa medida mercé ao sistema da época, polo cal os oficiais podían (e con frecuencia debían) comprar o seu grao—, de xeito que en [[1793]], ascendeu a [[tenente coronel]] no 33º rexemento de infantería. Combateu nos [[Países Baixos]] entre [[1794]] e [[1795]]. Pertenceu tamén á [[masonería]].
 
En 1796, despois de ser promovido a coronel, marcha co seu rexemento para a [[India]]. No ano seguinte, seu irmán maior, [[Richard Wellesley]], conde de Mornington, é nomeado gobernador xeral da India. Cando estoura a guerra en [[1799]] contra o sultán de [[Mysore]], [[Tipû Sâhib]], Arthur Wellesley manda unha división propia. Foi nomeado gobernador de [[Seringapatam]] e de [[Mysore]], posto que manterá até [[1805]]. Grazas ás súas vitorias militares, foi designado comandante supremo (político e militar) do [[Decán]], obtendo novas vitorias, especialmente contra o xefe bandoleiro [[Dundiat Wagh]] e contra os [[marathas]] en [[1803]]. En [[1804]] é ordenado cabaleiro da [[Orde de Bath]]. Cando o seu irmán cesa no mandato en 1805, Arthur retorna ao Reino Unido canda el.
Liña 21:
Wellesley serviu na desgraciada expedición conxunta anglo-rusa ao Norte de [[Alemaña]] en [[1805]]. Despois da [[batalla de Austerlitz]], retornaron sen cumprir os obxectivos. A actuación como comandante suplente nunha expedición a [[Dinamarca]], en [[1807]], valeulle o ascenso a tenente xeneral.
 
No ano seguinte, Wellesley estaba a prepararse para comandar unha expedición a [[Venezuela]], cando se iniciou a revolta ibérica contra os franceses, comezando a [[Guerra Peninsular]]. Wellesley foi enviado a [[Portugal]], onde derrotou ás tropas napoleónicas nas batallas de [[Batalla de Roliça|Roliça]] e de [[Batalla do Vimeiro|Vimeiro]] no mesmo ano. Desafortunadamente, foi relevado do mando pouco despois do último choque, pois o xeneral Dalrymple insistiu en implicalo no controvertido acordo da [[Convención de Sintra]], que estipulara que a armada británica debía transportar as tropas francesas ao seu país, desde o porto de [[Lisboa]], xunto coa súa impedimenta. Wellesley foi chamado a [[Gran Bretaña]] para comparecer perante un tribunal de investigación. Ficou aclarado que el asinara un primeiro armisticio, mais que non asinara a Convención.
 
Entre tanto Napoleón en persoa acudira a España con tropas de veteranos co obxectivo de esmagar a rebelión de españois e portugueses. Así mesmo o novo xefe das forzas británicas, sir [[John Moore]], perdeu a vida na [[batalla de Elviña]], nas proximidades da [[A Coruña|Coruña]], no mes de xaneiro de 1809.
Liña 29:
Rapidamente reforzado, Wellesley iniciou a ofensiva en abril de 1809. Primeiro atravesou o [[río Douro|Douro]] cun brillante "golpe de man" ([[Segunda batalla de Porto]]), derrotando as tropas francesas acantonadas na [[Porto, Portugal|cidade]], e uníndose ás tropas españolas mandadas polo xeneral [[Gregorio García de la Cuesta|De la Cuesta]]. Ambos buscaron a [[Claude Victor-Perrin, duque de Belluno|Marechal Victor]], pero o irmán de Napoleón, o rei [[Xosé I Bonaparte|Xosé]], reforzou o exército de Victor, que atacou primeiro, porén as tropas anglo-hispanas venceron na [[batalla de Talavera]]. Esta vitoria implicou o ennobrecemento de Wellesley como "vizconde Wellington de Talavera e de [[Wellington, Somerset|Wellington]]". Como o [[Nicolas Jean de Dieu Soult|Marechal Soult]] tentase reaccionar, os británicos víronse compelidos a retirarse para Portugal. Privado dos subministros que lle prometeran os españois e non contando cos movementos de Soult, Wellington non puido xa crer nas promesas españolas.
 
En 1810, un novo grande exército francés so mando do mariscal [[André Masséna]] invadiu Portugal. A opinión británica, tanto na illa como no exército, era unanimemente pesimista: deberían evacuar Portugal. Mais Wellington primeiro atrasou os franceses en [[Batalla de Buçaco|Buçaco]], e logo bloqueounos na península de Lisboa coas súas magníficas defensas, as [[liñas de Torres Vedras]], que foran brillantemente amañadas en segredo total, en tanto os flancos estaban resgardados pola armada británica. Unhas trabucadas e famentas tropas invasoras francesas retiráronse logo de seis meses. Wellington perseguiunas e, en varias escaramuzas, botounas de Portugal, salvo unha pequena gornición de [[Almeida]], que foi asediada.
 
En 1811, Masséna volveu a Portugal para auxiliar a Almeida, mais Wellington derrotou aos franceses en [[Batalla de Fuentes de Oñoro|Fuentes de Oñoro]]. Mentres, o subordinado de Wellington, o vizconde de Beresford, venceu o exército meridional de Soult na sanguenta [[batalla de Albuera]]. No mes de maio, Wellington foi promovido a "xeneral". Almeida caeu, pero os franceses mantiveron as fortalezas xemelgas de [[Ciudad Rodrigo]] e [[Badaxoz]], chaves das estradas que, por pasos montañosos, comunicaban o centro de España e Portugal.
 
En 1812, marchando velozmente cara o Sur, cercou a fortaleza de [[Badaxoz]] durante un mes, para rematar tomándoa nunha noite sanguenta. O asalto de Badaxoz é famoso por ser a única vez en que perdeu a compostura en público, perdendo os estribos e berrando ante a vista dos británicos mortos nas brechas das murallas.
 
O seu exército resultou a partir de aí reforzado, en todas as divisións, por unidades dun rexurdido exército portugués, que Beresford reconstruíu. Xa en campaña en España, derrotou aos franceses na [[batalla de Arapiles]], [[Provincia de Salamanca|Salamanca]], collendo vantaxe dun erro pequeno de posicionamento dos galos. A vitoria determinou a liberación da capital española, Madrid. Foi recompensado co título de conde (Earl) e logo co de marqués de Wellington, séndolle concedido o mando de todas as tropas aliadas na Península Ibérica.
Liña 45:
Aclamado como o heroe conquistador, Wellesley foi feito '''duque de Wellington''', título que aínda manteñen os seus descendentes, e polo que é coñecido na historiografía internacionalmente. Todos os títulos que lle foran outorgados recibiunos, acabada a Guerra Peninsular, de vez nunha cerimonia única. Moi logo foi designado embaixador en Francia, e despois substituíu a [[lord Castlereagh]] como primeiro plenipotenciario británico perante o [[Congreso de Viena]], no que defendeu con forza que Francia mantivese o seu lugar na estratexia de [[balanza de poder]] en [[Europa]]. O [[2 de xaneiro]] de [[1815]], o seu título de Cabaleiro de Bath foi convertido en Cabaleiro da Gran Cruz (Knight Grand Cross).
 
O [[26 de febreiro]] de [[1815]], Napoleón fugouse de Elba e retornou a Francia. Retomado o control sobre o país cara o mes de maio, enfrontouse a unha renovada alianza en contra del. Wellington deixou [[Viena]], para emprender a que sería coñecida como a [[Cen Días|Campaña de Waterloo]]. Chegouse até [[Bélxica]] para coller o mando do exército anglo-xermano e o seu aliado belga-holandés, todos colocados en paralelo ás forzas [[Prusia|prusianasprusia]]nas de [[Gebhard Leberecht von Blücher|von Blücher]]. Os franceses penetraron en Bélxica, derrotando aos prusianos na [[batalla de Ligny]], e vencendo tamén na de [[Batalla de Quatre Bras|Quatre Bras]], ambas non decisivas, mais que obrigaron ao exército anglo-xermano a retirarse a liñas sobre a estrada de [[Bruxelas]], xusto ao Sur da pequena localidade de [[Waterloo, Béxica|Waterloo]]. Logo dun día enteiro de combate, coas tropas anglo-aliadas resistindo os asaltos franceses, estes ficaron ao final desconcertados pola inesperada chegada do exército prusiano de von Blücher. A [[Garda imperial]] napoleónica foi traxicamente desfeita polas descargas de fusilería dos británicos, o que provocou a derrota en desbandada das tropas francesas. O día [[22 de xuño]] de [[1815]] o Emperador abdicou outra vez, sendo trasladado polos británicos á afastada illa de [[Santa Helena]]. A [[batalla de Waterloo]] foi entón xa elevada ao rango dunha das [[quince batallas decisivas da Historia]].
 
== Últimos anos ==
Liña 52:
Como Primeiro Ministro, Wellington actuou como o arquetipo de político ultraconservador, porén foi durante o seu mandato cando se aprobou a lei de emancipación dos católicos, que lles garantía practicamente todos os dereitos civís no Reino Unido, de xeito que lord Winchilsea acusou ao duque de ter "traidoramente maquinado para destruír a constitución protestante". Wellington desafiouno entón a duelo, o cal tivo lugar o 21 de marzo de 1829 nos campos de Battersea. No momento de disparar, Wellington deliberadamente tirou para un lado e Winchelsea disparou ao aire.
 
O gabinete Wellington caeu a fins de 1830, ano no que houbo numerosos motíns no verán e no outono. Os [[Whigs]], que non foran quen de lograr o poder desde a década de 1770, adiviñaron que as reformas políticas podían ser a chave que lles facilitase o retorno ao goberno. Wellington, que seguía a pé da letra o camiño político conservador tory, perdeu unha votación de confianza o 15 de novembro de 1830. Foi substituído no cargo de "premier" por [[Charles Grey, 2º conde de Grey|Charles Grey]], que comezou unha gran reforma liberal, antes de verse obrigado a pasala á forza pola [[Cámara dos lores]].
 
Cando os tories tornaron ao poder en [[1834]], Wellington refugou o posto de Primeiro Ministro, que foi aceptado por [[Robert Peel]], mais como este estaba en [[Italia]], aínda tivo que asegurar a interinidade por tres semanas, entre novembro e decembro de 1834. So o primeiro goberno Peel (1834-1841), Wellington foi Ministro de asuntos exteriores, e no segundo gabinete Peel (1841-46) foi Ministro sen carteira e presidente da Cámara dos Lores.
Liña 64:
* [http://www.galespa.com.ar/martiresdaliberdade.htm El cuarto ejército de gallegos: proclama de Wellington]
 
{{ORDENAR:Wellesley, Arthur}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Wellesley, Arthur}}
[[Categoría:Militares do Reino Unido]]
[[Categoría:Militares da Guerra de Independencia Española]]