Grovios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 1:
{{SenReferencias}}
[[Ficheiro:Gallaecia-Grovii.png|miniatura|dereita|200px|Localización aproximada da pobo dos Grovios na provincia romana da [[Gallaecia]].]]
Os '''Grovios''' ([[lingua latina|latín]]: ''Grovii'') eran un pobo [[galaicos|galaico]] prerromano da [[Gallaecia]] [[Conventus bracarensis|bracarense]], tamén coñecidos como ''Crovios'', ''Gravius'' ou ''Gronios''.
 
== Historia ==
Ocupaban a zona do val e desembocadura do [[río Miño]], [[illas Cíes]], [[Baiona]] e a [[ría de Vigo]], ata a [[serra da Groba]], entre [[Galicia]] e [[Portugal]], con capital nun principio en Abóbriga ([[castro de Santa Trega]]) e con posterioridade en [[Tui|Castellum Tyde]], no [[Bracara Augusta|Conventus Bracarensis]], na [[Gallaecia]], desde a [[Idade do Bronce]].
 
Existen restos [[castro (poboado)|castrexos]] na cima do [[monte Aloia]], [[A Guía, Randufe, Tui|A Guía]] ([[Randufe]]), [[Cabeza de Francos]] ([[Pazos de Reis]]) e en Tui. Tradicionalmente vense relacionando o seu nome co da vila do [[O Grove|Grove]], se ben isto está hoxe descartado.
 
As fontes antigas ([[Pomponio Mela]], [[Plinio o Vello]], [[Silio Itálico]] , [[Ptolomeo]],...), seguindo a tradición historiográfica de época romana, considéraos como de orixe troiana, con orixe en [[Diomedes]], fillo de [[Tideo]]. Mela na súa obra ''Coreografía'' sitúaos nos terreos bañados polos ríos ''Avo'' ([[río Avia|Avia]]), ''Celadus, Nebis, Minius'' e ''Oblivio'' ([[Río Limia|Limia]]), recibindo as augas do Laeros (o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|Lérez]]) e do Ulla no seu límite norte, ademais de citar a cidade de ''Lambriaca''.
Liña 15:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.arqueotavira.com/Mapas/Iberia/Populi.htm Mapa dos Pobos Pre-romanos de Iberia (século II)] {{es}}
 
 
{{Pobos prerromanos de Gallaecia}}