Vitamina B: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q183206
m Arranxos varios
Liña 1:
{{Outroshomónimos|B (homónimos)}}
 
Coñécese como '''vitamina B''' un tipo de [[vitamina]]s relacionadas co [[metabolismo]]. Ao principio críase que só era unha pero logo descubriuse que eran varias con funcións parecidas. Son hidrosolubles, polos que se poden perder na auga de cocción e en caso de tomar exceso elimínanse polos [[ouriños]] (ata un límite).
 
== Tipos ==
Liña 12:
* Vitamina B8, [[biotina]] ou vitamina H
* Vitamina B9, [[ácido fólico]] ou vitamina M
* Vitamina B12 ou [[cianocobalamina]]
 
A '''[[vitamina B1]]''' ou tiamina é fundamental para o proceso de transformación de azucres e cumpre un importante labor na condución dos impulsos nerviosos e no metabolismo do osíxeno. Atópase no fermento de [[cervexa]], xerme de [[trigo]], carne de [[porco]], fígado e riles, [[peixe]], [[pan]] integral, fabas cocidas, [[leite]] e os seus derivados, principalmente.
 
A '''[[vitamina B2]]''' ou riboflavina é peza crave na transformación dos alimentos en enerxía, xa que favorece a absorción das [[proteína]]s, [[graxa]]s e [[carbohidrato]]s. Esta vitamina atópase no seu estado natural no fermento seco, o fígado, os queixos, os ovos, os cogomelos, o iogur, o leite, a carne, o peixe, os cereais, o pan integral e as verduras cocidas. A ausencia da B2 pode ocasionar anemia, trastornos no fígado, conxuntivite, secura, dermatite da pel e mucosas, ademais de úlceras na boca.
 
A '''[[vitamina B6]]''' ou piridoxina cumpre un importante papel no crecemento, conservación e reprodución de todas as [[célula]]s do organismo. Achégana o fermento seco, o xerme de trigo, o fígado, os riles, a carne, o peixe, os legumes, os ovos, a coliflor, os plátanos, os feixós e o pan integral. A B6 utilízase con moito éxito en mulleres [[menopausa|menopáusicas]], dado que alivia os síntomas deste período. Niveis baixos de vitamina producen [[pelagra]], con alteracións na pel (como eccemas), ademais de anemia, diarrea e ata demencia.
 
A '''[[vitamina B9]]''' resulta indispensable para o [[sistema nervioso]], tendo en conta que incide positivamente no seu crecemento e funcionamento, así como tamén no da [[medula ósea]]. Ademais, favorece a rexeneración das células. Atópase nas espinacas, os berros, as froitas, a cenoria, o cogombro, o fígado, os riles, o queixo, os ovos, a carne e o peixe. A súa carencia provoca cansazo, insomnio e inapetencia, e nas mulleres [[embarazo|embarazadas]] pode traer como consecuencia malformacións no feto.
 
A '''[[vitamina B12]]''' desempeña un papel moi importante no crecemento da persoa, contribúe ó desenvolvemento normal do sistema nervioso, é indispensable para a medula ósea, a síntese de [[glóbulo vermello|glóbulos vermellos]] e o correcto funcionamento do tracto gastrointestinal. Conséguese en ovos, derivados do leite, fígado, riles, peixe e carnes. A falta de B12 trae como consecuencia anemia perniciosa ou debilidade na [[mielina]], membrana protectora dos nervios da medula espiñal e do cerebro. Non se recomenda inxerila xunto coa vitamina C, xa que esta última anula a súa absorción.
Liña 40:
* Vitamina B-h ([[inositol]])
* Vitamina B-t ([[carnitina|L-carnitina]])
* Vitamina B-x, tamén chamada PABA
 
 
[[Categoría:Vitaminas|B]]