San Diego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 39:
|sitio web = [http://www.sandiego.gov/ Páxina oficial de San Diego]
}}
'''San Diego''' é unha cidade situada no extremo suroeste do estado de [[California]] ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]) e, polo tanto, ao extremo suroeste continental dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. O condado fai fronteira con [[Tijuana]], [[Baixa California]], [[México]]. Capital do [[Condado de San Diego]], a cidade ten fama polo seu clima tépedo e as súas numerosas praias. No censo de [[2000]] tiña unha poboación total de 1.223.400 habitantes. É a segunda cidade máis grande de California e a sétima do país.
 
San Diego acolle varias bases militares, incluíndo portos da armada estadounidense e bases de [[infantería de mariña]]. É ademais a sede da maior frota naval no mundo, incluíndo dous super-portaavións da armada, o [http://www.nol.navy.mil/homepages/cvn68/ USS Nimitz (CVN-68)] e o [http://www.reagan.navy.mil/ USS Ronald Reagan (CVN-76)], cinco naves de asalto anfibio, varios submarinos nucleares e moitas naves menores. Un dos dous centros de recrutamento da infantería de mariña sitúase aquí.
 
Como proba da súa vinculación histórica coa mariña estadounidense, varios buques desta chamáronse ''USS San Diego'' para honrar á cidade. A base naval de North Island tamén é coñecida como o Berce da Aviación Naval en Estados Unidos, aínda que a base naval de [[Pensacola]], en [[Florida]], tamén reivindica este título.
 
== Historia ==
A área orixinalmente foi habitada polo pobo indíxena Kumeyaay, que hoxe en día mantén unha presenza no Condado. Non foi ata [[1542]] cando se deu o descubrimento [[Europa|europeo]] coa chegada dunha expedición liderada por [[Juan Rodrígues Cabrillo]], mariño portugués baixo a bandeira española. Orixinalmente este púxolle o nome San Miguel. A baía de San Diego e a área da cidade moderna recibiron o seu nome de [[Sebastián Vizcaíno]], o cal cartografaba a [[Alta California]] para [[España]] en [[1602]]. Os exploradores acamparon preto dunha aldea india que se chamou "Nipaguay" e tiveron unha misa en honra a San Diego de Alcalá. Por ese entón California formaba parte do virreinato da [[Nova España]].
 
En [[1769]], [[Gaspar de Portolá]] e a súa expedición fundaron un [[presidio]], e o domingo [[16 de xullo]], os frades [[franciscano]]s [[Frei Junípero Serra]], Juan Vizcaíno e Fernando Parrón alzaron e bendixeron unha cruz, establecendo así a primeira misión na Alta California, a [[Misión de San Diego de Alcalá]]. Os colonos empezaron a chegar no ano [[1774]], pero os indios nativos da zona rebeláronse ao ano seguinte. Mataron ao misioneiro e a outras dúas persoas, e queimaron a misión. [[Frei Junípero Serra]] organizou a reconstrución, e dous anos despois, empezouse a construír un edificio de [[adobe (construción)|adobe]]. Para o [[1797]] a misión era a maior de [[California]], con máis de 1400 indios encomendados. O asentamento foi gañando en prosperidade salvo incidentes menores como o envelenamento de [[José Pedro Panto|Frei Pedro Panto]] en 1812 por parte do seu cociñeiro indio Nazario.
 
En [[1821]] España recoñeceu a independencia de [[México]] e o territorio pasou a control mexicano. O gobernador de California (que incluía o actual estado de California e a [[península de Baixa California]] trasladou o seu capital desde [[Monterrey]] a San Diego. En [[1834]] a misión foi secularizada e 432 persoas fixeron unha petición ao gobernador José Figueroa para formar unha cidade, petición que foi aprobada polo comandante Santiago Argüello. O primeiro alcalde elixido foi Juan María Osuna, gañándolle a [[Pío Pico]] nas 13 papeletas entregadas. Con todo, a poboación da cidade diminuíu ata o nivel dun pouco máis de 100 persoas, e para o final dos [[anos 1830]] perdeu o seu status de cidade ata que a provincia da [[Alta California]] converteuse en estado estadounidense en [[1848]] tras ser arrebatada a [[México]] como consecuencia da Guerra Mexicano-Estadounidense. O pobo foi designado sede do novo Condado de San Diego, e volveu incorporarse como cidade.
 
En [[1885]], San Diego foi finalmente conectado ao resto de Estados Unidos por [[ferrocarril]]. A significativa presenza da armada estadounidense empezou en [[1907]] co establecemento dunha base naval para o aprovisionamento de carbón dos buques. Paulatinamente o número de bases empezou a multiplicarse debido ás necesidades das forzas navais.
 
San Diego foi anfitrioa de dúas Feiras Mundiais, a Exposición Panamá-California en [[1915]] e a Exposición Internacional California-Pacífico en [[1935]].
 
Desde a [[Segunda Guerra Mundial]], as forzas armadas tiveron a posición dominante na economía local. Porén, desde o final da [[Guerra Fría]], diminuíu considerablemente a presenza militar. Desde entón, San Diego chegou a ser un centro da industria biotecnolóxica e é a sede central da xigantesca corporación de telecomunicacións [[Qualcomm]].
 
Debido en gran parte á forte presenza militar da cidade, os habitantes de San Diego teñen fama de ser máis conservadores que os residentes das outras cidades costeiras californianas. Esta reputación é máis indicativa das comunidades dentro do Condado de San Diego, dado que actualmente hai máis Demócratas rexistrados que Republicanos (39% contra 34%) dentro dos límites da cidade.
 
== Demografía ==
[[Ficheiro:sandiego.arp.750pix.jpg|269px|miniatura|San Diego, 2001]]
 
Actualmente a cidade de San Diego conta cunha poboación de 1.261.251 persoas, dos cales [http://factfinder.census.gov/servlet/STTable?_bm=e-geo_ide=16000US0666000-qr_name=ACS_2006_EST_G00_S0501-ds_name=ACS_2006_EST_G00_-redoLog=false]:
 
* O 47'7% son brancos (descendentes de europeos).
Liña 69:
* O 15'3% son asiáticos.
* O 6'9% son negros.
* O resto confórmano persoas doutras razas.
 
A poboación de orixe latina/hispano é a de máis rápido crecemento, debido á alta taxa de fecundidade das mulleres latinas residentes nos Estados Unidos, e tamén debido á inmigración legal e ilegal proveniente de América Latina e o Caribe.
 
Segundo o [[Censo de poboación|censo]] do [[2000]], hai 1.223.400 persoas, 450.691 unidades de convivencia e 271.315 familias vivindo na cidade. A [[densidade de poboación]] é 1.456'4 hab/km². Hai 469.689 unidades de aloxamento cunha densidade media de 559'1 por km².
 
Hai 450.691 unidades de convivencia das cales o 30'2% ten fillos de menos de 18 anos que viven con eles, o 44'6% son [[Matrimonio|parellas casadas]] que viven xuntas, o 11'4% ten un cabeza de familia feminino sen marido, e o 39'8% non son familias. O 28'0% de todos as unidades de convivencia consta de individuos e o 7'4% ten alguén de máis de 65 anos de idade vivindo só. A tamaña media da unidade de convivencia é 2'61 persoas e o tamaño da familia media é 3'30.
 
O 24'0% da poboación da cidade ten menos de 18 anos, o 12'4% entre 18 e 24, o 34'0% de 25 a 44, o 19'1% de 45 a 64 e o 10'5% 65 anos ou máis. A idade media é de 32 anos. Por cada 100 mulleres hai 101'7 homes. Por cada 100 mulleres con máis de 18 anos hai 100'4 homes.
 
O ingreso medio para unha unidade de convivencia en San Diego é US$43.733, e o ingreso medio por familia é US$67.060. Os homes teñen un ingreso medio de US$36.984 por US$31.076 das mulleres. O ingreso per cápita para a cidade é US$67.609. O 14'6% da poboación e o 10'6% das familias está por baixo da liña da pobreza. Da poboación total, o 20% dos menores de 18 anos e o 7'6% dos maiores de 65 están debaixo da liña da pobreza.
 
== Clima ==
San Diego, a sétima cidade máis grande do país, ten un clima tan magnífico que a revista Holiday Magazine dixo que ¡é o único lugar cun clima perfecto! Cun clima mediterráneo, os días en San Diego son cálidos e asollados con baixa humidade. A media de temperatura diaria é 70 °F e temperaturas do inverno raramente baixan ata 40 °F.
 
== Transporte ==
San Diego conta con sistemas de tren lixeiro (LRT), autobuses [http://www.sdcommute.com/Rider_Information/bus/], tren coaster e Amtrak. Ademais, esta cidade conta con algúns dos sistemas de transporte máis desenvolvidos nos Estados Unidos. A pesar diso, a gran maioría da poboación transpórtase en [[automóbil]] privado.
 
San Diego conta cunha serie de autoestradas de alto nivel e gran extensión, que comunican a toda a cidade en si co resto do país. Case todas as autoestradas importantes da nación cruzan San Diego. Naturalmente, estas son de extrema importancia para a economía e o transporte local.
 
== Instalacións militares ==