San Marino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 52:
}}
 
'''San Marino'''<ref>{{DRAG|sanmarinés}}</ref>, oficialmente '''Serenísima República de San Marino''', (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Serenissima Repubblica di San Marino'') é unha [[república]] situada nos [[Apeninos]], [[enclave|encravada]] no interior de [[Italia]], e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 &nbsp;km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en [[Europa]] á [[Cidade do Vaticano]] e a [[Mónaco]]. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de [[Consello de Europa]]. Con todo, non pertence á [[Unión Europea]].
 
A República de San Marino é a [[república]] [[soberanía|soberana]] [[constitución|constitucional]] máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o [[3 de setembro]] de [[301]] por un canteiro chamado [[Mariño diácono|Mariño]], o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa [[Dalmacia|dálmata]], naquel entón [[Colonialismo|colonia]] [[Imperio Romano|romana]], no ano [[257]] cando o futuro emperador [[Diocleciano]] emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de [[Rimini]] destruídas por [[pirata]]s libúrnios, refuxiándose no [[Monte Titano]]. A súa capital é a [[cidade de San Marino]].
Liña 67:
 
No [[1503]] producise a primeira das tres ocupacións militares do territorio sanmarinés, neste caso levada a cabo por César Borgia, que invadiu a república até pouco antes da súa morte uns meses despois. Case un século despois foi redactada unha [[Constitución]], concretamente o [[8 de outubro]] de [[1600]], documento que aínda segue vixente, sendo o máis antigo do mundo en facelo actualmente. En [[1739]], o Cardeal Alberoni volveu invadir o pequeno Estado pero a [[desobediencia civil]] e as [[manifestación|protestas]] ante o [[Clemente XII, papa|Papa Clemente XII]] para obter [[xustiza]] deron resultado.
O estado foi recoñecido por [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] en [[1797]] e no [[Congreso de Viena]] en [[1815]]. Debido á [[Risorgimento|unificación]] da [[Península Itálica]], a independencia de San Marino tivo que selarse cun tratado en [[1862]] co emerxente [[Italia|Reino de Italia]], que foi revisado e corroborado en [[1939]] e [[1971]].
 
Xa no [[século XX]], unha revolución pacífica restaurou en [[1906]] o sistema electivo do [[Consello Grande e Xeral]] (órgano supremo do Estado), que se convertera durante os século nun clan pechado. Durante a [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e [[Segunda Guerra Mundial|Segunda Guerras Mundiais]] seguiu os destinos do seu [[Italia|veciño transalpino]], sendo ocupada (por terceira e última vez) en [[1943]] por orde de [[Hitler]], recuperada logo polos [[aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] volveu ser tomada de novo polos [[Alemaña nazi|alemáns]], sendo finalmente liberada en [[1945]]. Restaurada a [[democracia]], unha coalición de [[socialista]]s e [[comunista]]s gobernou até [[1957]], en que foron desprazados polos [[democristián]]s, quen desde [[1973]] constituíron cos socialistas un goberno de coalición. De aí viría un tempo de gobernos de curta duración até [[1978]], cando os [[comunista]]s recuperaron o poder, aínda que debido a un escándalo financeiro perderon o poder, acadándoo de novo, cunha alianza cos [[democristián]]s, en [[1993]] e [[1998]].
Liña 75:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Monte Titano.jpg|miniatura|[[Monte Titano]].]]
San Marino é un [[enclave]] de Italia, na fronteira entre as [[subdivisións de Italia|rexións]] de [[Emilia-Romaña]] e [[Marche]]. A súa [[topografía]] está dominada polos [[Apeninos]], tendo un terreo accidentado, sendo o 17% do mesmo arable. O punto máis alto do país é o [[Monte Titano]]<ref>[http://www.meteosanmarino.com/webcamNE.htm Live view]</ref>, situado a 749 metros de altitude sobre o nivel do mar. Non hai ningún corpo de auga cun tamaño significativo, aínda que algúns ríos atravesan o país, sendo os máis importantes o Ausa, o Marano e o San Marino. Segundo [[Adena / WWF|WWF]], o territorio de San Marino pertence á ecorrexión denominada bosque esclerófilo e semicaducifolio de [[Italia]].
 
O [[clima]] é [[clima mediterráneo|mediterráneo]] con influencias continentais, con veráns cálidos e invernos fríos. O Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Marino proporciona prognósticos locais.<ref>[http://www.meteosanmarino.com Meteo San Marino - Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Mariño]</ref> Cun tamaño de 61,2 &nbsp;km² e 39 &nbsp;km de fronteiras, todas con [[Italia]], San Marino é o terceiro Estado máis pequeno de [[Europa]], só superando á [[Cidade do Vaticano]] e [[Mónaco]], sendo até a [[independencia]] de [[Nauru]] en [[1968]], o estado [[república|republicano]] máis pequeno do mundo.
 
== Política e goberno ==
Liña 171:
{{VT|Lira sanmarinesa}}
 
A pesar de non ser moi industrializado, San Marino ten unha das maiores [[Lista de países por PIB (PPA) per cápita|rendas per cápita]] de [[Europa]]. O [[turismo]] representa máis do 50 % do [[PIB]], máis de tres millóns de visitantes en [[1997]], debido en gran medida á súa proximidade con [[Rimini]] e ao [[mar Adriático]]. Tamén son importantes a banca, a [[electrónica]] e a [[cerámica]]. Os produtos agrícolas son o [[viño]] e os [[cereal|cereais]], ademais do [[queixo]] e o cría de [[ovino]]s nos campos. Un número considerable de habitantes do país traballa na cidade italiana de [[Rimini]] polo que, para facilitar o desprazamento dos seus habitantes, existe unha liña de ómnibus internacional que liga a cidade de San Marino á [[Italia|italianaitalia]]na. Con todo, como o país está constituído principalmente sobre o [[Monte Titano]], non é posible para o autobús chegar ao cumio, por iso existe un sistema de teleférico que transporta seus habitantes até as partes máis altas con intervalos de 15 minutos entre unha viaxe e outra.
 
Aínda que a república non é un membro oficial da [[Eurozona]], permíteselle usa-lo [[Euro]] coma [[divisa|moeda nacional]] en virtude de acordos có [[Consello da Unión Europea]], podendo estampar o seu propio deseño nacional na cara correspondente.
Liña 184:
[[Ficheiro:Basilica del Santo.jpg|miniatura|Catedral da [[Cidade de San Marino]].]]
{{Artigo principal|Demografía de San Marino}}
A República de San Marino é un estado de só tan 61,5 &nbsp;km² de superficie, o que o converte no segundo estado máis pequeno de [[Europa]]. Posúe preto de 30.000 habitantes (29.973 estimados en [[2008]]), tendo así unha densidade de poboación de 489 habitantes/km². O cultivo, a cría de ovellas, e o traballo da pedra nas canteiras forman a columna vertebral da economía de San Marino. Non ten os recursos minerais, e hoxe en día a maioría das terras están aradas ou cubertas por bosques.
 
A poboación, composta basicamente por sanmarineses nativos e italianos, segue unha tendencia de crecemento: no primeiro censo de [[1864]] a poboación era de 7.080, no segundo ([[1874]]) de 7.464, no terceiro ([[1899]]) de 9.359, no cuarto ([[1947]]) de 12.100 e no quinto ([[1976]]), de 12.284. Os sanmarineses que residen no estranxeiro son preto de 17.000 mentres que os estranxeiros que residen en San Marino son 1.000, aproximadamente. A lingua oficial é o italiano, ademais está amplamente estendido o [[lingua emiliano-romañola|emiliano-romañolo]], tamén coñecido coma [[sanmarinés]]. A relixión predominante é o [[igrexa Católica|catolicismo]].
Liña 191:
 
=== Gastronomía ===
A cociña de San Marino é moi semellante á [[Italia|italianaitalia]]na, en especial á das rexións veciñas de [[Emilia-Romaña]] e [[Marche]], mais conta tamén cunha serie de pratos propios e produtos únicos. A principal especialidade sanmarinesa é, polo tanto, a pasta, entre as que destacan a lasagna, o spaghetti alla bolognese e os calzone. Con todo, o seu prato máis coñecido é probablemente a Torta Tre Monti (do [[lingua italiana|italiano]]: ''Torta das Tres Montañas''), que é unha torta de waffle bañada en chocolate que representa as [[Torres de San Marino|Tres Torres de San Marino]]. Igualmente os xeados tamén son unha especialidade. O país conta ademais cunha pequena industria [[Viño de San Marino|vinícola]].
 
=== Deporte ===
{{VT|Gran Premio de San Marino}}
[[Ficheiro:Ratzenberger.jpg|miniatura|dereita|[[Roland Ratzenberger]] no día no que faleceu durante o [[Gran Premio de San Marino]] de [[1994]].]]
Até o ano [[2006]] existiu o [[Gran Premio de San Marino]] de [[Fórmula 1]]. Foi neste Gran Premio no que morreron o [[Austria|austríaco]] [[Roland Ratzenberger]] e o [[Brasil|brasileirobrasil]]eiro [[Ayrton Senna]], tras bater o seu [[WilliamsF1|Williams]] no muro da curva Tamburello), ambos en [[1994]], polo que ese gran premio acabou chamado como o "Fin de semana Negro". A pesar do nome, o Gran Premio celebrábese no [[Autódromo Enzo e Dino Ferrari]] de Imola, na [[subdivisións de Italia|rexión italiana]] da [[Emilia-Romaña]], a uns 100 [[quilómetro]]s ao noroeste do país. O mesmo ocorre co actual Gran Premio de MotoGP, aínda que este é realizado no Circuíto de Misano, nas marxes do [[Adriático]].
 
San Marino tamén ten o seu propio Comité Olímpico afiliado ao [[COI]] e, a diferencia do que ocorre con outros microestados como o [[Mónaco|Principado de Mónaco]] e a [[Vaticano|Cidade do Vaticano]], ten súa federación nacional de fútbol como membro da [[FIFA]]. Con todo, esta selección de fútbol, está considerada unha das peores do mundo, tendo inclusive recibido dez goles da selección de [[Bélxica]] durante as Eliminatorias do [[Mundiais de Fútbol|Mundial de Fútbol]] de [[2002]] e 13 de [[Alemaña]] durante a clasificación para a [[Eurocopa de fútbol 2008|Eurocopa de 2008]]. O seu principal club é a Società Sportiva Murata, que fixo historia por ser o primeiro equipo samariñense en participar na [[Liga de Campións da UEFA]].