Éxodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 12:
== A xuventude de Moisés ==
 
Os servos do Faraón entraron en tódalas casas do pobo hebreo, matando a todo fillo home das familias dese pobo. Un só neno, que sería Moisés, sobreviviu a esa matanza, pois foi ocultado durante tres meses para impedir que fose exterminado coma os demais nenos da súa xeración. Como a súa nai non puido ocultalo máis tempo, calafateou unha cesta de [[papiro]], meteu nela ó neno e colocouna nun xuncal do [[Nilo]].
 
A corrente do río leva ó pequeno Moisés ata o lugar onde se estaba bañando a filla do Faraón en compaña das súas doncelas. A filla do Faraón atopa o neno, e tras comprobar que é hebreo, compadécese del e decide coidalo. A [[ama de cría]] que encontra é a propia nai do neno, á que lle da un salario a cambio de aleitalo. Cando Moisés medra, a súa nai dállo á filla do Faraón. É agora cando a Moisés lle é dado o seu nome, que significa ''chegado das augas''.
Liña 68:
 
== Os triunfos de Israel sobre as tribos do deserto ==
A presenza de Israel pola península do Sinaí incomodara ós pobos que vivían alí, e un dos reis dese pobo, [[Amaleq]], levou ós seus servos onde estaban os campamentos hebreos, os cales rodearon. Moisés dixo a un xove chamado [[Xosué]] que reunira a uns homes e que saíse a combater as tropas de Amaleq.
 
Xosué e os homes que escolleu foron combater a mañá seguinte, e Moisés foi ó cume dun cerro coa súa caxata. Cando Moisés sostiña os seus brazos en alto, os hebreos gañaban terreo, pero cando os abaixaba, retrocedían. Moisés estaba xa alcanzado en anos e non puido seguir levantando máis os brazos, polo que Aarón e outro home chamado Hur o sentaron nunha pedra e sostivéronlle os brazos todo o tempo que durou o combate, que durou todo o día, do amencer ó atardecer. Grazas a isto, Xosué venceu ós [[amalequita]]s e os exterminou.