Espartaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Cara a.
m Arranxos varios
Liña 10:
 
=== A revolta inicial ===
No ano [[-73|73 a. C.]], Espartaco e arredor de uns 70 individuos, armados, máis escaparon da escola capuana, fuxindo ata refuxiarse nas proximidades do [[monte Vesuvio]], cerca da actual cidade de [[Nápoles]], onde se lles axuntaron outros escravos rurais.
 
O grupo percorreu a comarca, saqueándoa. Logo se destacaron ao lado de Espartaco varios xefes secundarios, de orixe gala, chamados Crixus, Castus, Gannicus e Oenomus. Máis escravos fuxidos uníronse ao grupo ata chegar a formar un exército, suxeríndose un total de 120.000 persoas.
 
Dado que a proporción de escravos a respecto dos cidadáns romanos era elevada, a rebelión escravista constituíase nun serio perigo para Roma. O [[Senado romano|Senado]] decidiu enviar un exército de sobre 3.000 homes contra os rebeldes, ao mando do [[pretor]] [[Claudius Glaber]]. Sitiaron os rebeldes no Vesuvio, mais Espartaco conducindo os seus homes do lado contrario do monte, pillou polas costas o exército romano, que masacraría no ataque. Glaber perdeu a vida alí.
Liña 28:
Espartaco negociou con [[pirata]]s de [[Cilicia]] para que os recollesen na illa de [[Sicilia]]. A comezos do ano [[-71|71 a. C.]], oito lexións romanas, de novo a mando de Craso, cercaron as forzas de Espartaco en [[Calabria]]. O asasinato de [[Quinto Sertorio]] en Hispania, facilitou que o Senado puidese recabar a chegada desde a Península Ibérica de [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]]; tamén foi chamado [[Lúculo]], que estaba de campaña, no Norte de [[Anatolia]], contra o rei [[Mitrídates VI do Ponto]].
 
Espartaco conseguiu romper as liñas de Craso, tentando atinxir Brundisium (actual [[Brindisi]]), pero Craso manobrando ben cortoulle o paso, o que obrigou aos escravos a presentar batalla no [[río Silarus]] (hoxe [[río Sele]]), onde foron derrotados. Logo da batalla, foron rescatados 3.000 romanos presos no campamento escravo. Máis de 6.000 seguidores de Espartaco foron crucificados ao longo da [[Via Apia]], entre Roma e Capua (na que quizais puideron estar expostos durante anos).
 
Mais aínda uns 5.000 escravos puideran escapar. Fuxiron cara ao norte, pero foron derrotados por Pompeio, que volvera xa desde Hispania. Pompeio foi capaz de presentarse como finalizador da guerra, de xeito que foi recibido clamorosamente en Roma, en tanto Craso recibiu honras menores.