Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 7:
 
O centro do cigurat facíase de [[ladrillo]]s cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos cocidos. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación [[cosmoloxía|cosmolóxica]]. O acceso ao templo, situado no topo do cigurat, facíase por unha serie de ramplas construídas no flanco da construción ou por unha rampla en forma de [[espiral]] que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de cigurats datan do final do terceiro milenio a. C., encanto os máis tardíos, do [[século -VI|século VI a. C.]], e algúns dos exemplos máis notábeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de [[Ur]] e de [[Khorsabad]] na [[Mesopotamia]].
 
 
 
A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. Na [[Mesopotamia]] acreditábase que eran a morada dos [[deus]]es. A través dos cigurats as divindades colocaríanse preto da [[humanidade]], razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou [[deusa]]. Alén diso, apenas os [[sacerdote]]s podían entrar no cigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade [[sumeria]].