Club Amigos del Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 36:
O '''Club Amigos del Rugby''' (actualmente coñecido como '''Helvetia Rugby''' por razóns de patrocinio) é unha entidade deportiva da cidade de [[Sevilla]] que se dedica ó [[rugby]], e que compite actualmente na [[División de Honra B de Rugby|División de Honra B]] empregando o nome do seu principal patrocinador, a aseguradora '''Helvetia'''. Dende a súa fundación en [[1977]] o club militou 4 tempadas na máxima categoría do rugby nacional (acadando o campionato en [[1979]]) e 18 tempadas na segunda.
==Historia==
Nos anos 70 un equipo de rugby [[Sevilla|sevillanosevilla]]no que competiu dende [[1975]] ata [[1977]] na [[Liga Española de rugby|División de Honra]] do rugby nacional, o [[RACA Sevilla]], desapareceu. Nese intre os afeccionados ó rugby da cidade e a maior parte dos xogadores do RACA decidiron fundar un novo club dándolle continuidade á estrutura e ás categorías inferiores do vello club desaparecido. O Club Amigos del Rugby naceu pois en [[1978]]. Nese primeiro ano o equipo tivo que competir na [[Primeira División Nacional|Primeira Nacional]] (que por entón era a segunda categoría do rugby español) acadando xa nesa primeira tempada o ascenso á [[Liga Española de rugby|División de Honra]].
 
Entre a tempada 1978-79 e 1981-82 a Liga estivo composta por 4 grupos, competindo o CAR no Grupo Sur fronte ós demais equipos [[Andalucía|andaluces]]. Na tempada 1978-79, o Club Amigos del Rugby rematou primeiro no Grupo Sur, o que lle daba o dereito para loitar polo título de campión nacional fronte ós outros 3 campións de grupos, pero esa loita polo campionato non se chegou a realizar, de xeito que a Federación Española de Rugby decidiu que os 4 equipos eran campións.
Liña 61:
 
{{DHB rugby}}
 
[[Categoría:Equipos de rugby de España]]
[[Categoría:Deporte en Sevilla]]