Santa Cruz de la Palma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Derramo.
m Arranxos varios
Liña 19:
|sitio web = [http://www.santacruzdelapalma.es www.santacruzdelapalma.es]
}}
'''Santa Cruz de la Palma''' é un municipio [[España|español]], capital da illa de [[La Palma]] e adscrito administrativamente á [[provincia de Santa Cruz de Tenerife]] ([[Canarias]]).
 
Foi fundada o [[3 de maio]] de [[1493]] co nome de ''Vila de Apurón'' sobre unha praia situada nunha baía que facía de porto natural. Posteriormente, e xa como Santa Cruz de la Palma, o rei Filipe II concederíalle o título de ''Moi Nobre e Leal''. No seu termo municipal atópase o Real Santuario da nosa Señora a [[Virxe das Neves]], patroa da illa de [[La Palma]].
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Santa Cruz de La Palma 106.JPG|miniatura|220px|esquerda|Concello e Plaza de España]]
A cidade atópase situada na vertente oriental da illa de [[La Palma]], de cuxo [[Cabido (entidade administrativa)|Cabido]] é capital, entre o Risco da Concepción, no bordo da Caldereta (antiga [[caldeira volcánica]]), e o Barranco Seco. Parte da cidade e o porto sitúanse sobre o antigo derramo de lávaa da Caldereta, arrefriada bruscamente ao romper a parte da parede que queda cara ao nordés, co que a lava chegou rapidamente ao mar onde formou unha coada basáltica. Goza durante todo o ano dun clima suave aínda que é habitual que o seu ceo estea cuberto por nubes debido á influencia dos ventos alisios procedentes do Océano Atlántico. O seu código postal é 38700.
 
O municipio ten unha extensión de 43,38  km², con 4,03  km de [[Costa (xeografía)|Lonxitude de costa]] e unha poboación de 17.353 habitantes ([[Instituto Nacional de Estatística de España|INE]], xaneiro 2007), dos cales 15.000 residen na cidade e os demais nos barrios periféricos. O núcleo urbano atópase ao nivel do mar, pero o territorio municipal esténdese ata os 1.800 m de altitude.
 
== Barrios ==
Liña 34:
* Na periferia atópanse os barrios de ''Calsinas'', ''Velhoco'', ''Las Nieves'', ''La Dehesa'', ''La Encarnación'', ''El Planto'', ''El Carmen'' e ''Mirca'' (neste último atópase o vertedoiro insular de lixos, a espera da construción do complexo ambiental en [[Villa de Mazo|Mazo]].
 
== Economía ==
 
O [[Porto de Santa Cruz de la Palma|porto da cidade]] é o único porto de pasaxeiros e mercancías da illa, e mantén conexións regulares cos portos de [[Cádiz]], [[Los Cristianos]] (Tenerife), [[Santa Cruz de Tenerife]], [[As Palmas de Gran Canaria]] e [[Arrecife, España|Arrecife]]. A pesar dos obstáculos orixinados pola topografía, as vías de comunicación co resto dos municipios da illa son bastante boas, sobre todo logo das melloras realizadas nas últimas décadas: non debemos esquecer que, aínda que de menor poboación que [[Los Llanos de Aridane]], Santa Cruz de la Palma ten unha próspera economía cun comercio moi importante por ser a vía de entrada á importación así como a de saída dos produtos de exportación de toda a illa. Desde o sur da cidade chégase rapidamente ao Aeroporto de [[Villa de Mazo|Mazo]] a través dunha autoestrada cuxo lado oeste (o que sae cara ao aeroporto) abriuse a través dun túnel que corta unha das paredes da Caldereta. E ao final do porto comeza a zona comercial da cidade, composta por dúas rúas paralelas á liña da costa e que viría terminar na Avenida de El Puente unha e na praza de La Alameda a outra.
 
[[Ficheiro:Panoramica de Santa Cruz de La Palma.jpg|700px|miniatura|esquerda|Panorámica da cidade]]
<br {{clear="all">}}
 
== Véxase tamén ==