Deconstrución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Teoria: Arranxos varios
Liña 22:
A deconstrución non debe ser considerada como unha teoría de [[crítica literaria]] nin como unha filosofía, senón como unha estratexia de lectura que investiga as condicións de posibilidade dos sistemas conceptuais da filosofía, non como a procura das condicións transcendentais da posibilidade do [[coñecemento]]. A deconstrución revisa e disolve o canon nunha negación absoluta de significado, pero non propón un modelo orgánico alternativo.
 
A filosofía tradicional de Occidente ([[Platón|platónicoplatón]]ico-[[Hegel|hegelianahegel]]iana) presupuxera sempre un escenario de [[racionalismo|racionalidade]] sistemática, un dominio da fala sobre a [[escritura]], un mundo en última instancia no que todo ten sentido. A deconstrución rebélase entre este abuso da racionalidade de herdanza hegeliana, propoñendo precisamente o contrario: a imposibilidade de que os textos literarios teñan o menor sentido.
 
Nesta filosofía tradicional, a obra literaria é considerada unha envoltura [[retórica]] que inclúe a sabedoría oculta da [[Idea]] que a persoa lectora debe espertar co [[beixo]] [[semioloxía|semiolóxico]]. Neste sentido, a obra literaria estaba considerada sempre como dotada dunha totalidade de sentido. A deconstrución afirma que a envoltura retórica é todo o que hai, polo que a obra de [[arte]] literaria é irredutible a unha idea ou concepto. A deconstrución nega á obra literaria o concepto de totalidade, ao afirmar que o texto non pode ser [[Aprehensión|aprehendido]] na súa globalidade, xa que a escritura circula nun movemento constante de remisión que converte a totalidade en parte dunha totalidade maior que nunca está presente. Deste modo é imposible enmarcar o texto, crear un interior e un exterior. ''«Il n’y a hors du texte»''.