Master System: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Rañura.
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: en Xapón → no Xapón (3)
Liña 9:
 
== Historia ==
O [[Mark III]] foi lanzado en [[Xapón]] o [[20 de outubro]] de [[1985]]. Foi redeseñado e posto á venda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] baixo o nome '''Sega Master System''' en [[xuño]] de [[1986]], un ano despois do lanzamento por parte de [[Nintendo]] da [[NES]]. O prezo inicial era duns 200 [[Dólar estadounidense|dólares]]. A Master System foi lanzada despois noutros países, incluíndo un segundo lanzamento enno Xapón co seu novo nome en [[1987]], incluíndo integrado na máquina unha unidade FM para mellorar o son dos xogos (e que era un periférico para o Mark III).
 
A pesar de que a Master System era tecnicamente máis avanzada nalgúns aspectos que a NES, non conseguiu o mesmo nivel de popularidade entre os consumidores [[Estados Unidos de América|estadounidenses]]. Isto foi atribuído a varias causas, entre elas a diferenza de títulos dispoñibles para cada plataforma, e o lixeiramente posterior lanzamento da Master System. O contrato de licenza que [[Nintendo]] tiña coas compañías programadoras de xogos tamén tivo un gran impacto; este trato incluía que unha compañía que producira xogos para a NES tiña que facelo de forma exclusiva para esta máquina. A Master System vendeu 125.000 unidades nos seus primeiros catro meses neste país. No mesmo período, a NES vendeu 2.000.000.
Liña 17:
En [[1990]], Sega estaba tendo éxito ca súa [[Mega Drive]] (chamada Genesis nos Estados Unidos), e volveu facerse cós dereitos que tiña Tonka sobre a SMS. Deseñaron a Sega Master System II, redeseñando a consola, pero que tiña algunhas limitacións para manter os custos de produción máis baixos (eliminación do botón de reset, o slot para tarxetas da máquina orixinal etc). Sega fixo todo o posible para relanzar o sistema, pero non conseguiu o resultado que agardaba.
 
Para [[1992]], as vendas da Master System en Norte América eran xa totalmente nulas, e a súa produción foi detida. As vendas foron pobres enno Xapón tamén, polo dominio do principal competidor, [[Nintendo]], e a súa [[NES]] ([[Famicom]] enno Xapón).
 
En [[Europa]], Sega lanzou a Master System en varios países, incluíndo algúns nos que [[Nintendo]] non estaba vendendo as súas consolas. Tivo certo éxito en [[Alemaña]], onde foi distribuída por "[[Ariolasoft]]" desde o inverno de [[1987]]. En Europa moitas compañías deron soporte á SMS, e como resultado, superou en vendas á NES neste continente. A Master System recibiu apoio ata [[1996]] en Europa. Neste ano interrompeuse porque Sega precisaba concentrarse na súa nova máquina, a [[Sega Saturn]].