Honda na Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón (2)
m →‎Spirit, Williams, Lotus, McLaren e Tyrrell (1983-1992): Arranxos varios, replaced: en Xapón → no Xapón
Liña 83:
=== Spirit, Williams, Lotus, McLaren e Tyrrell (1983-1992) ===
[[Ficheiro:Honda RA121E engine Honda Collection Hall.jpg| thumb |Motor Honda RA121E V12 fornecido a [[McLaren]] para tempada de Fórmula Un de {{f1|1991}}.]]
Honda regresou á Fórmula Uno en [[1983 tempada de Fórmula Uno|1983]] como fornecedor de motores para [[Spirit F1|Spirit]] e quedouse no deporte durante unha década, en varias ocasións facendo equipo con [[WilliamsF1|Williams]] (1984-1987), [[Team Lotus|Lotus]] (1987-1988), [[McLaren]] (1988-1992) e, finalmente, [[Tyrrell Racing|Tyrrell]] (1991). Malia que a miúdo forneceron os seus motores a máis dun equipo por tempada, Honda non sempre fornecer as mesmas especificacións de motor aos diferentes equipos na mesma tempada. Por exemplo, en {{f1 | 1987}} como Williams tiña un contrato en vigor, fornecérono co último [[motor V6]] de 1´5 litros o RA167-E, mentres que a Lotus fornecérono co motor RA166-E de {{f1 | 1986}} que tivo que adaptarse a un límite máis baixo de combustible e a restrición de soprado do turbo, o que limitaba a súa eficacia. Tamén, en {{f1 | 1991}}, mentres que McLaren tiña o último RA121-E [[motor V12|V12]], Tyrrell montou o RA100-E [[motor V10|V10]] que McLaren utilizara en {{f1 | 1990}}. McLaren tivo o apoio directo de fábrica de Honda, con motores que viñan directamente da división de carreiras da compañía xaponesa enno Xapón; mentres que Tyrrell tívose que conformar co modelo anterior RA-100 que foron adaptados por Mugen para Honda, que tiña pouco ou ningún apoio directo de fábrica.
 
No seu apoxeo (1986-1991) os motores Honda consideráronse un billete para gañar un Gran Premio grazas á súa potencia, a fiabilidade, a sofisticación e historial gañador. Honda forneceu os seus motores a seis [[Lista de escuderías campioas do mundo de Fórmula 1|escudarías campioas]] consecutivas (dous con Williams 1986-87 e catro con McLaren desde 1988 ata 1991), así como a cinco campionatos consecutivos de pilotos (un de [[Nelson Piquet]] en 1987, tres de [[Ayrton Senna]] en {{f1 | 1988}}, {{F1|1990}} e {{F1|1991}}, e un de [[Alain Prost]] en {{f1 | 1989}}), antes de abandonar o deporte de novo.