Josef von Sternberg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 43:
Sternberg abandonou o instituto para traballar como mozo dos recados nun almacén. En 1915 traballaba para [[William A. Brady]] na [[World Film Company]], en [[Nova Jersey]]. O director [[Emile Chautard]] contratou a Sternberg como axudante de director en 1919 para ''[[The Mystery of the Yellow Room (filme)|The Mystery of the Yellow Room]]''. Debutou como director en 1925 con ''[[The Salvation Hunters]]''. O actor e produtor [[Elliott Dexter]] engadiu o falso título aristócrata 'von' ao apelido de Sternberg en 1925 durante a produción de ''[[By Divine Right]]''.
 
[[Charlie Chaplin]] quedou impresionado por ''The Salvation Hunters'' e animou a [[Douglas Fairbanks]] e [[Mary Pickford]] a comprar os dereitos. O éxito chegoulle a Sternberg no final da década con [[Paramount Pictures]] e algúns dos últimos filmes do [[cine mudo|período mudo]], como ''[[The Last Command (filme de 1928)|The Last Command]]'' e ''[[The Docks of New York]]'' (ambos os dous de 1928).
 
A carreira de Sternberg decaeu tras ''[[Thunderbolt (filme de 1929)|Thunderbolt]]'', polo que aceptou unha invitación para facer un filme en Alemaña. En 1929 dirixiu ''[[Der blaue Engel]]'' en [[lingua inglesa|inglés]] e [[lingua alemá|alemán]] simultaneamente. Para o filme contratou a unha descoñecida [[Marlene Dietrich]] como Lola Lola, a protagonista, que se converteu nunha estrela internacional que coa que continuou a colaborar nos Estados Unidos.
 
O último filme en solitario que dirixiu foi ''[[Anatahan (filme)|Anatahan]]'' (1953), rodado en Xapón.
Liña 95:
* [http://www.virtual-history.com/movie/person/873/josef-von-sternberg Virtual History]
* [http://mubi.com/notebook/posts/for-the-icon-the-shadow-and-the-glimmer-between-3-silent-classics-by-josef-von-sternberg For the Icon, The Shadow, and The Glimmer Between: 3 Silent Classics by Josef von Sternberg], Daniel Kasman, MUBI (23 de agosto de 2010)
 
{{ORDENAR:Sternberg, Josef von}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Sternberg, Josef von}}
[[Categoría:Directores de cine de Austria]]
[[Categoría:Nados en Viena]]