Comercio internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
m Arranxos varios
Liña 1:
Defínese '''comercio internacional''' ou mundial, ao intercambio de bens, produtos e servizos entre dous ou máis países ou rexións económicas.
 
As economías que participan do comercio exterior denomínanse ''economías abertas''. Este proceso de apertura externa iniciouse fundamentalmente na segunda metade do [[século XX]], e de xeito espectacular na década de 1990, ao se incorporar as economías latinoamericanas, de Europa do Leste e o oriente asiático. Cada vez existe maior relación entre o que ocorre nos mercados internacionais e o que sucede na economía dun país determinado.
Liña 6:
 
== Galiza ==
As exportacións consolídanse como a locomotora da economía galega. Malia diminuír un chico en 2012, en 2011 incrementou as súas exportacións un 15,7% a respecto do 2010, lixeiramente por riba da media estatal, o que converte a Galiza na comunidade autónoma española cun mellor saldo comercial (diferenza entre o que se vende e o que se compra fóra), un [[superávit]] de 3.502 millóns de euros, máis do dobre que o acadado un ano antes (2010).
 
A marca histórica acadouse en 2011, exportándose mercadorías por valor de 17.532 millóns de euros, unha marca que supera o máximo acadado en 2007 (16.699 millóns), antes de que a crise afectase a Galiza.
 
Galiza exporta logo o 8,2% das vendas totais de [[España]] fóra das súas fronteiras, que en 2011 ascendeu a 214.485 millóns de euros, mais tamén importa o 5,4% do total estatal, o que sitúa ao país galego en sexto lugar, tamén en importacións, con 14.029 millóns de euros<ref>http://www.laopinioncoruna.es/economia/2012/02/22/galicia-bate-record-exportaciones-cierra-2011-mayor-superavit-espana/582833.html</ref>.
Liña 17:
 
== Modelos do comercio internacional ==
As diferentes teorías que explican o proceso de funcionamento do comercio internacional, tratan de atopar cales son as causas deste comercio, por que comercian os países e estudan os efectos do comercio internacional sobre a produción e o consumo dos países.<ref name=ice858> {{Cita publicación periódica | apelidos= González Blanco |nome= Raquel |ano= 2011 |título=Diferentes teorías del comercio internacional |url= http://www.revistasice.com/CachePDF/ICE_858_103-118__9F7A85DC90A777675E3E806341418974.pdf |serie= |publicación= Información Comercial Española, Revista de economía|número=858 |páxinas=103-117 |editorial= Secretaría de Estado de Comercio Exterior, Gobierno de España|data-publicación= |idioma=es}} </ref>
=== Teorías tradicionais ===
==== Modelo da vantaxe absoluta de Adam Smith ====
A teoría clásica do comercio internacional ten as súas raíces na obra de [[Adam Smith]], este pensaba que as mercadorías produciríanse no país onde o custo de produción (que no marco da súa teoría do valor-traballo se valora en traballo) fora máis baixo e dende alí exportaríanse ao resto de países. Defendía un comercio libre e sen trabas para acadar e dinamizar o proceso de crecemento, era partidario do comercio baseado na vantaxe absoluta e cría na mobilidade internacional dos factores produtivos. Segundo as súas teorías, a vantaxe absoluta téñena aqueles países que son quen de producir un ben utilizando menos factores produtivos ca outros, e polo tanto, cun custo de produción inferior.
 
==== Modelo de David Ricardo. Teoría da vantaxe comparativa ====
Liña 32:
=== A nova teoría do comercio internacional e a política comercial estratéxica ===
{{VT|Paradoxo de Leontief|Modelo Brander–Spencer}}
O sustento básico das teorías antes expostas era a existencia de [[competencia perfecta]], que permitía, pola vía do [[libre comercio]], aumentar o benestar dos países. A finais dos [[anos 1970]] e principios da [[década de 1980]], xurdiron algúns economistas como [[Paul Krugman]], [[Avinash Dixit]], [[James Brander]] e [[Barbara J. Spencer]] que esbozaron unhas novas elaboracións teóricas fundadas na existencia de [[fallo de mercado|fallos de mercado]] que puñan en cuestión, non en todos os casos, a teoría clásica do comercio internacional de que os intercambios internacionais se fundamentan exclusivamente na teoría da vantaxe comparativa e que a defensa baixo calquera circunstancia do libre comercio e, da non intervención estatal nesta área económica puidese non ser a práctica óptima. En palabras de Krugman: ''a reconsideración da base analítica da política comercial é unha resposta ao cambio real ocorrido no ambiente e ao progreso intelectual logrado no eido da economía''.
 
Estas novas teorías utilizan as ferramentas da teoría económica e mais da formalización matemática e supoñen unha crítica de maior profundidade ás teorías neoclásicas que as provenientes doutros eidos da economía como a socioloxía ou a estrutura económica. Así mesmo, tratan de responder a dúas cuestións: a primeira é por que se comercia e a segunda, como debe ser a política segundo estas novas explicacións.<ref>Steimberg, F. (2004) ''La nueva teoría del comercio internacional y la política comercial estratégica''.</ref>
Liña 81:
 
* [[Ex works|EXW]] (en fábrica): ''Ex Works''
 
* [[Free carrier|FCA]] (francotransportista): ''Free Carrier''
 
* [[Free alongside ship|FAS]] (franco ao costado do buque): ''Free Alongside Ship''
 
* [[Free on board|FOB]] (franco a bordo): ''Free On Board''
 
* [[Cost and freight|CFR]] (custo e frete): ''Cost and Freight''
 
* [[Cost, insurance and freight|CIF]] (custe, seguro e frete): ''Cost, Insurance and Freight''
 
* [[Carriage paid to|CPT]] (transporte pagado até): ''Carriage Paid To''
 
* [[Carriage and insurance paid|CIP]] (transporte e seguro pagado até): ''Carriage And Insurance Paid to''
 
* [[Delivered at frontier|DAF]] (entrega na fronteira): ''Deliver At Frontier''
 
* DES (entrega sobre buque): ''Delivered Ex Ship''
 
* DEQ (entregada en peirao): ''Delivered Ex Quay''
 
* [[DDU (Incoterm)|DDU]] (entrega dereitos non pagados): ''Delivered Duty Unpaid''
 
* DDP (entrega dereitos pagados): ''Delivered Duty Paid''