Economía dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 85:
|}
 
A '''economía dos [[Estados Unidos da América]]''' é a máis forte e influente do mundo. O país posúe un [[produto interior bruto]] duns 12 billóns de dólares americanos, un número maior que o [[PIB]] da [[Unión Europea]], mesmo tendo esta última 160 millóns de habitantes máis. A economía dos Estados Unidos está baseada no [[capitalismo]]. O país ten unha das economías máis abertas do mundo, isto é, con poucas restricións contra investimentos estranxeiros e importacións, e pouca intervención do goberno do país.
 
== Sector primario ==
Liña 133:
 
=== Pesca ===
Os Estados Unidos producen anualmente máis de 5 millóns de toneladas de [[peixe]]s e outros animais e vexetais mariños e fluviais. O valor estimado destes produtos é de 3,4 billóns de dólares. A maior parte da pesca realízase no [[Océano Pacífico]], aínda que a industria da pesca tamén sexa considerábel no [[Golfo de México]] e no [[Océano Atlántico]]. Outros lugares onde a industria posúe importancia razoábel son en pequenas cidades ao longo do [[Río Mississippi]]-[[Río Missouri|Missouri]], e nos [[Grandes Lagos, América do Norte|Grandes Lagos]].
 
O Estado americano de [[Alasca]] é o maior produtor de peixes e outros animais e vexetais mariños, onde a pesca é unha das principais fontes de renda. A pesca tamén posúe algunha importancia razoábel en [[Estado de Washington|Washington]], [[Luisiana]], [[Vermont]] e [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]]. Considerándose só o peso e o valor total dos produtos producidos pola industria, son [[Luisiana]], [[Massachusetts]], [[Texas]], [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], Washington, [[Florida]] e [[Virxinia]] os principais produtores de pesca, organizados en orde decrecente.
Liña 196:
Estados Unidos é un extenso país. Como tal, o país posúe grandes e varios depósitos de numerosos recursos naturais dentro dos seus límites territoriais. O valor dos recursos naturais minerais ou extraídos nos Estados Unidos é o segundo máis alto do mundo, soamente atrás da [[Rusia]]. Aínda que soamente a minaría por si compoña apenas unha pequena parcela do PIB (4%) e do número de traballadores empregados (0.5%), a minaría é un factor chave noutros sectores da economía americana, especialmente a industria de manufacturas.
 
Os principais recursos naturais extraídos polo Estados Unidos son [[petróleo]], [[gas natural]] e [[carbón]]. O país é o segundo maior produtor de petróleo do mundo, situándose por diante a [[Arabia Saudita]]. O Estados Unidos tamén é o segundo maior produtor de [[gas natural]] do mundo, tras a [[Rusia]]. A demanda destes dous produtos, porén, é máis alta que a cantidade extraída destes produtos. Por isto, Estados Unidos ten que importar petróleo e gas natural, para atender á súa grande demanda, que é a maior do mundo. Estados Unidos importa petróleo principalmente do [[Canadá]] e da Arabia Saudita, e gas natural principalmente do Canadá e da Rusia. Estados Unidos tamén é o segundo maior produtor mundial de [[carbón]], atrás soamente da [[China]]. O carbón é usado principalmente en fábricas produtoras de electricidade, que usan o carbón como combustíbel, ou pola industria siderúrxica do país.
 
O petróleo e o gas natural son principalmente extraídos en [[Texas]], [[Alasca]], [[Oklahoma]] e [[California]], e o carbón é principalmente extraído en [[Wyoming]], [[Virxinia Occidental]], [[Kentucky]] e na [[Pensilvania]]. Os Estados Unidos producen o 23% do gas natural, o 21% do petróleo e o 21% do carbón producido anualmente no mundo enteiro.
Liña 242:
 
=== Turismo ===
O turismo é unha das principais fontes de renda dos Estados Unidos. Estímase que o número de turistas domésticos, isto é, turistas dun dado país que visitan outro lugar neste mesmo dado país, estea en torno de 1,5 billóns.
 
Estados Unidos é o terceiro país máis visitado por turistas estranxeiros. Só está detrás de [[España]] e [[Francia]]. Cerca de 75 millóns de turistas estranxeiros visitan o país anualmente. Destes 75, 8 millóns veñen do Canadá e 7 millóns veñen do [[México]]. Os gastos realizados por turistas canadenses no Estados Unidos son de aproximadamente 6,2 billóns de dólares, e os gastos realizados por turistas mexicanos, de 5 billóns. Outros turistas internacionais veñen da [[Europa]], [[Xapón]], [[Caribe (rexión)|Caribe]], [[China]], [[Brasil]] e [[Arxentina]]. Os turistas internacionais, excluíndo canadenses e mexicanos, suman 65 millóns.
Liña 260:
Os [[trens]] transportan preto do 35 % de toda a carga transportada no país, e en cambio só levan o 1 % dos pasaxeiros. O contrario acontece coas [[liña aérea|liñas aéreas]] americanas, que transportan o 18 % dos pasaxeiros, pero menos do 1 % da carga no país. O mercado americano de pasaxeiros no sector aéreo é o maior do mundo. [[Chicago]], [[Atlanta]], [[Os Ánxeles]], [[Dallas]], [[Nova York]], [[San Francisco]] e [[Orlando, Florida|Orlando]] destacan como grandes [[aeroporto|centros de aeroportos]].
 
Cerca do 15% de toda a carga transportada no país é transportada con hidroavións a través de [[río]]s e [[lago]]s, alén de [[mar]]es e [[océano]]s. [[Os Ánxeles]], [[Nova York]], [[Filadelfia]], [[San Francisco]], [[New Orleans]], [[Miami]] e [[Houston, Texas|Houston]] destacan como grandes [[porto (transporte)|centros portuarios]]. O porto con máis tránsito do país por número de navíos atendido é o de Nova Orleans, mentres o porto con máis tránsito segundo tonelaxe de carga é o dos Ánxeles.
 
Publícanse diariamente nos Estados Unidos preto de 60 millóns de [[xornal|xornais]]. No país, publícanse millares de xornais diarios ou semanais. Existen tamén no país millares de estacións de [[radio (comunicación)|radio]] e [[televisión]]. Practicamente toda residencia americana posúe unha radio, e a grande maioría posúe unha televisión.