Tom Cruise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 41:
No hospital ''Heart & Herz'' onde naceu, situado en distrito de Vallejou, de coñecida fama, naceran outras grandes personalidades do mundo das letras como Claude Eriqué R. Cruise, gran escritora da época romántica francesa, que resultou ser familiar dos Cruise de Texas.
 
O seu pai, Thomas Cruise Mapother III, era enxeñeiro electrónico e a súa nai, Mary Le, era profesora. A familia viviu en moitas cidades debido á inestabilidade laboral do seu pai, pero finalmente instaláronse en [[Otava]] ([[Canadá]]). Tom ten tres irmás: Mary Le, Marian e Cass.
 
Os seus estudos supuñan un problema xa que ía dun sitio a outro e tiña [[dislexia]] (dificultade para ler e escribir). Con 12 anos, converteuse no home da familia tras o [[divorcio]] dos seus pais. Mary, a súa nai, deixa [[Canadá]] e instálase co seu catro fillos en [[Kentucky]].
Liña 57:
En [[1988]] Cruise dá un salto cualitativo na súa carreira con ''[[Rain Man]]'', película de [[Barry Levinson]] que arrasa nos premios ''Óscar'', ao obter catro figuras, entre elas a de ''Mellor Película'', ''Mellor Director'' e ''Mellor Actor'' ([[Dustin Hoffman]]). Cruise non resulta premiado por ela, pero ao ano seguinte é nomeado por ''[[Nacido o 4 de xullo]]'' de [[Oliver Stone]], onde interpreta a un veterano da [[guerra de Vietnam]] prostrado en [[cadeira de rodas]].
 
Cruise non descoida o cinema comercial, e roda seguidamente ''Days of Thunder'' (''Días de trono''), sobre o mundo dos coches de carreiras. A súa parella na película é [[Nicole Kidman]], con quen inicia unha relación tras o fracaso do seu matrimonio con Mimi Rogers. Divorciado de Rogers, Cruise casa con Nicole Kidman nunha cerimonia moi discreta en decembro de 1989.
 
Na década dos 90, éxitos como ''[[Algúns homes bos]]'', ''[[The firm|A tapadeira]]'' e ''[[Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles]]'' apontoan a súa posición de líder do cinema estadounidense, polo menos na súa vía máis comercial. En 1996, ''[[Jerry Maguire]]'' lévalle a outro nomeamento ao ''Óscar'', e ''[[Misión: Imposible]]'', adaptación dunha famosa serie televisiva dos anos 60, confírmalle definitivamente como ídolo do cinema de acción. O éxito de recadación é tal, que Cruise rodará dúas continuacións en anos posteriores.
Liña 64:
 
=== De ''Magnolia'' á voda ===
O final dos anos 90 e o inicio da nova década son produtivos para Tom Cruise, quen sorprende cun estraño papel en ''[[Magnolia (filme)|Magnolia]]'', película coral de [[Paul Thomas Anderson]] eloxiada pola crítica.
 
Dúas novas entregas da saga ''Misión: Imposible'' (en 2000 e 2006) e ''[[Minority Report]]'', con [[Colin Farrell]], revalidan a posición de Cruise no liderado do cinema comercial. Unha posición que apontoan outros éxitos como ''[[Collateral]]'' de [[Michael Mann]] e ''[[War of the Worlds (filme de 2005)|War of the Worlds]]'' de [[Steven Spielberg]]. De todos os xeitos, Cruise permítese proxectos máis audaces como ''[[The Last Samurai]]'', película que se temía como gran fracaso comercial pola súa ambientación no [[Xapón]] antigo e polo aspecto inusual (con barba) do seu protagonista. Os estudos de Hollywood equivocáronse, e a película foi outro éxito despacho de billetes.
 
A posición profesional de Tom Cruise parecía inamovible, pero a situación complicouse coa súa publicitada relación con [[Katie Holmes]]. Tras unha relación con [[Penélope Cruz]] que moitos críticos criticaban como ''montaxe'', Tom Cruise sorprendeu ao elixir a Katie Holmes como nova compañeira, unha relación que culminou cunha luxosa voda nun castelo de Bracciano ([[Italia]]).
 
A relación de Cruise coa [[CiencioloXía]], [[seita]] polémica prohibida en países como Alemaña, e unha chocante aparición en televisión, provocaron un aluvión de críticas contra o actor. A compañía dos seus grandes éxitos, ''[[Paramount Pictures]]'', considerou que Cruise estaba a prexudicar a súa imaxe pública (e por tal o seu futuro comercial no cinema), e optou por rescindir (ou non renovar) o seu contrato.
Liña 82:
== Vida privada ==
Estivera casado dúas veces antes do seu último matrimonio con [[Katie Holmes]].
A primeira vez en 1987 coa actriz [[Mimi Rogers]] da cal se separou en 1990, e logo cunha das actrices máis belas de Hollywood, a australiana [[Nicole Kidman]] a quen coñeceu durante a rodaxe de ''Days Of Thunder'', e da que tamén se divorciou en forma moi mediática e dramática a fins do 2001.
 
Por un tempo foron o matrimonio máis glamoroso da jet set norteamericano.
Liña 92:
Tivo un romance coa actriz española [[Penélope Cruz]], coa que protagonizou a película ''Vanilla Sky''. Esta película é unha versión dun título español chamado: ''[[Abre los ojos]]'', dirixida por [[Alejandro Amenábar]].
 
A [[Katie Holmes]] coñeceuna durante a procura dunha coprotagonista da súa película ''[[Mission: Impossible III]]''. Foi amor a primeira vista e Cruise proclamouno ao catro ventos e aos poucos meses comprometéronse.
 
Antes de casar con Katie Holmes foi pai da súa primeira filla biolóxica: Suri, que naceu o [[18 de abril]] de [[2006]].
Liña 351:
* {{Imdb nome|0000129}}
 
{{ORDENAR:Cruise, Tom}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cruise, Tom}}
[[Categoría:Actores do estado de Nova York]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]