Marco Vitruvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
m →‎De Architectura: Mosteiro do Escorial
Liña 12:
É o único escrito de arquitectura que nos chegou da Antigüidade, e os arquitectos do [[Renacemento]] como os italianos [[Sebastiano Serlio]] e [[Andrea Palladio]] inspiráranse nel de abondo; mesmo usouse ata nos períodos clasicistas e [[barroco]], cando [[Claude Perrault]] (1613-1688) comeza a reducir o asunto á interpretación dos seus principios.
 
A [[Idade Media]] descoñece a Vitruvio a pesar da existencia de varios manuscritos da súa obra. Débese ao erudito [[Leon Battista Alberti]] a recuperación da importancia de ''De Architectura'', na década de 1420. Para fixar o texto da primeira edición impresa (Roma, 1486, impr. G. Herolt, 2 volumes in-folio), [[Sulpizio da Veroli]] veuse obrigado a escolmar varios manuscritos xa que ningún contiña o texto completo, aínda que manexou especialmente o manuscrito do [[Mosteiro do Escorial|Escorial]] (datado no [[século XI]]). A primeira versión en castelán realizouna [[Miguel de Urrea]], aparecendo en [[Alcalá de Henares]] en [[1582]].
 
== Véxase tamén ==