Butch Vig: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *produxo e outros
Liña 20:
 
==Traxectoria==
Vig estudou piano durante seis anos, pero, despois de ver a [[The Who]] actuar no programa de ''The Smothers Brothers'', cambiou o seu piano por unha batería de 60 dólares {{cómpre referencia}}.
 
Mudouse a [[Madison]] e matriculouse na University of Wisconsin para estudar dirección de cine, onde coñeceu a [[Steve Marker]]. Vig contribuiu coas súas composicións en bandas sonoras de películas de baixo presuposto, e mentres estaba en [[Madison]] uníuseuniuse a varias bandas de [[garage pop]]. En [[1978]] formou Spooner con [[Duke Erikson]], Dave Benton, Jeff Walker e Joel Tappero. Spooner fundou o seu propio selo their, Boat Records, para publicar as súas propias gravacións e as dunhas 20 bandas locais máis.
 
No ano [[1984]], Vig e Marker fundaron os Smart Studios en [[Madison]], mentres seguía tocando a batería en Spooner pola noite e conducía un taxi polo día. Cando Spooner perdeu folgos, Vig formou unha banda chamada First Person con Marker e Phil Davis, e un proxecto paralelo chamado Fire Town con Davis e Erikson. Fire Town converteuse rapidamente na prioridade de Vig, e despois do seu primeiro álbum asinaron con [[Atlantic Records]]. Atlantic contratou ao produtor Michael Fondelli para que traballase no segundo álbum da banda. A pesar de que as sesións non foron ben e o resultado foi un fracaso, Vig aprendeu moito sobre técnicas de produción no proceso. Fire Town separouse, e Vig reformou Spooner para un último álbum antes de que se adicase á produción a tempo completo.
 
=== Carreira como produtor ===
Butch Vig comezou a facerse un nome no negocio da música en [[1991]], cando se encargou da produción dos discos ''[[Gish]]'' de [[The Smashing Pumpkins]] e ''[[Nevermind]]'' de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], o disco que os faría coñecidos en todo o mundo. Grazas ao seu traballo, [[Billy Corgan]] convidou a Butch a producir o segundo disco dos Pumpkins, ''[[Siamese Dream]]'', editado en [[1993]], que foi todo un éxito tanto comercialmente como de crítica, e impulsou a carreira da banda cara o gran público. Vig tamén produxoproduciu dous aclamados álbums de [[Sonic Youth]], o ''[[Dirty]]'' de [[1992]] e o ''[[Experimental Jet Set, Trash and No Star]]'' de [[1994]].
 
Recentemente Vig traballou con [[Jimmy Eat World]] no seu sexto álbum, ''[[Chase This Light]]'', editado en outubro do [[2007]]. A súa primeira produción dunha banda inglesa foi o álbum ''All or Nothing'' de [[The Subways]], no ano [[2008]]. Tamén traballou con Tom Gabel de [[Against Me!]] no seu EP en solitario ''Heart Burns''. Encargouse, xunto coa banda, do oitavo álbum de [[Green Day]] ''[[21st Century Breakdown]]'', aparecido no [[2009]].
 
UnOutro dos seus últimos traballos foi a produción do últimosdun disco de estudio da banda de [[rock alternativo]] [[Foo Fighters]], que ten a súa saída prevista para o día [[12 de abril]] de [[2011]].
 
=== Garbage ===
No ano [[1994]], Vig, xunto con [[Duke Erikson]] e [[Steve Marker]] fundaron a banda [[Garbage]]. Posteriormente uniríaselles [[Shirlay Manson]] como vocalista para rematar a formación. O grupo leva editados ata a data {{cando}} catro álbums de estudio, e agárdase que durante o ano [[2011]] apareza o seu novo traballo, despois de que pasasen seis anos dende o lanzamento do anterior.
 
==Producións==